Publicacións

This is the end...

Imaxe
Sábado, 20 de xuño de 2020 Toca á súa fin o curso máis raro que imos vivir. Pero isto non é o final de todo, aínda temos para vós uns vídeos nos que poder vernos as caras e poder despedirnos do mellor xeito posible. Esperamos de verdade que poidades ter un verán marabilloso. Este blog permanecerá aberto ata que blogger decida retiralo e non sabemos se iso chegará a suceder nunca, así que, como se fose unha pequena porta, sempre a teremos aberta para vós. E, ademais, tamén preparei para vós un vídeo (lixeiramente desenfocado) no que despedirme. Espero que vos guste e... ATA SEMPRE!

English XI

Imaxe
Venres, 19 de xuño de 2020 E xa chegamos ao final do curso. Poida que sexa o curso máis raro que tiven que vivir e, probablemente, sexa o máis raro de tódolos que me quedan tamén por diante. Aínda así, nestes últimos meses creo que traballamos bastante e no que se refire ao inglés, creo que os obxectivos están bastante ben acadados se seguistes o traballo ata aquí mesmo.  Hoxe teremos só unha actividade de repaso das emocións que traballamos a semana pasada e, con iso, nos despedimos do inglés por este curso.  KAHOOT EMOCIÓNS O kahoot estará dispoñible, coma de costume, por toda a semana habitual. Así que poderedes facelo ata o vindeiro: Xoves, 25 de xuño de 2020, ás 20:00 Estes meses traballamos un montón, facendo todo tipo de actividades e estou seguro que vós mesmos e mesmas notastes unha melloría incrible nas tarefas que vos mandaba. Así que, para que o comprobedes, déixovos unha recopilación de kahoots que fixestes por se queredes volver a probarvos de

Lengua castellana IX

Imaxe
Hoy en el último día de lengua castellana y lo vamos a celebrar con un género literario muy divertido: el comic. Hay comics para todos los gustos, de superhéroes, de aventuras o de humor, pero cuando empezamos a leer resultan un poco complicados debido al tamaño y el tipo de letra. ¡ No tiréis la tolla que en breves seréis capaces de leer todo lo que os guste! De momento nos conformamos con que los disfrutéis en dibujos y para eso os dejamos a "Tintín" y "Los pitufos" , dos cómics clásicos que hacen las delicias de mayores y niños.

Ciencias X

Imaxe
Mércores, 17 de xuño de 2020 Chegamos ao final deste curso tamén no que ás ciencias se refire. Tendo en conta que xa estamos finalizando, preparei unha serie dos kahoot que máis vos gustaron. Teremos un pouco de todo: corpo humano, partes do día, días da semana, meses, animais vertebrados... Todo canto traballamos! Os kahoot estarán abertos durante todo o que queda de mes. Por suposto, son voluntarios, coma todos, pero estes máis ca nunca. A idea é que pasedes un rato intentando superarvos e poñendo a proba todo canto sabedes. A por eles! Tódolos kahoots estarán dispoñibles ata a data máxima na que me deixou publicalos: 8 de xullo de 2020 KAHOOT DO CORPO HUMANO KAHOOT PARTES DO DÍA KAHOOT DE MESES, SEMANAS E DÍAS KAHOOT ANIMAIS VERTEBRADOS KAHOOT TEMPO METEREOLÓXICO A dar un par de botes pola casa... A recomendación musical de hoxe resulta indescritible, só hai que deixarse levar e pensar que xa queda menos.

Lingua galega XI

Imaxe
Bos días! Estamos na última semana de clase e hoxe para despedirnos da lingua galega non imos facer fichas ni escoitar contos. Propoñemos varias cancións populares galegas, versionadas dunha maneira moi divertida e diferente.  A música é unha parte moi importante na nosa cultura, e empregar cancións populares fai que todos sexamos partícepes do pasado, do presente e do futuro da nosa lingua. Esperamos que desfrutedes cantando e bailando!

Matemáticas XI

Imaxe
Luns, 15 de xuño de 2020 Imos a polas matemáticas semanais que nos corresponden. Sendo esta xa a última vez que as traballaremos. Ao longo destes meses traballamos un montón e avanzamos moitísimo nas nosas destrezas de cálculo. Espero que disfrutedes moito da última tandada de actividades matemáticas. Ánimo! Para despedirnos teremos un mix de tódalas actividades que vismo: operacións, problemas, reloxos e cálculo mental. KAHOOT DE OPERACIÓNS Coma de costume, 15 operacións que irán dende as sumas sen levadas ás sumas con levadas e pasando polas restas. O habitual, facémolas nunha folla e despois contestamos no kahoot. Estas son: a) 12 + 77 = b) 56 - 15 = c) 65 + 33 = d) 45 + 16 = e) 17 + 75 = f) 96 + 4 = g) 86 - 15 = h) 47 - 37 = i) 70 + 18 = j) 56 - 24 = k) 56 + 45 = l) 49 - 44 = m) 33 + 19 = n) 24 + 27 = ñ) 23 + 24 + 25= KAHOOT PROBLEMAS Nesta ocasión teremos tres problemas. Xa sabedes, unha recomendación que vos fago é

English X

Imaxe
Venres, 12 de xuño de 2020 E unha semana máis que se acaba e coma de costume, o noso inglés semanal.Hoxe imos a realizar un pequeno repaso ao visto a semana pasada coa segunda parte das prendas de roupa -a través dun kahoot e tamén con fichas de liveworksheet-, tamén realizaremos un repaso xeral a todo o visto polo de agora e, para finalizar, unha ampliación do noso xogo de mesa de inglés: memory card game .  Comezamos? Para entrar en calor un pouco de roupa no noso menú.  KAHOOT DE PRENDAS DE ROUPA II Segunda parte das prendas de roupa, repasaremos tamén de paso as da primeira ocasión e incorporaremos algunha nova. Con isto damos por finalizado o apartado de roupa. Ademais, teremos un par de fichas de liveworksheets. Xa sabedes como funcionan, pero lembrade que cando rematedes debedes indicar o nome e apelidos, curso e introducir o meu código de mestre. O meu código é: ons3bsitnb Clothes - Read and choose , una ficha interactiva de MeritESLResources li