English X

Venres, 12 de xuño de 2020


E unha semana máis que se acaba e coma de costume, o noso inglés semanal.Hoxe imos a realizar un pequeno repaso ao visto a semana pasada coa segunda parte das prendas de roupa -a través dun kahoot e tamén con fichas de liveworksheet-, tamén realizaremos un repaso xeral a todo o visto polo de agora e, para finalizar, unha ampliación do noso xogo de mesa de inglés: memory card game.

 Comezamos? Para entrar en calor un pouco de roupa no noso menú. 

KAHOOT DE PRENDAS DE ROUPA II


Segunda parte das prendas de roupa, repasaremos tamén de paso as da primeira ocasión e incorporaremos algunha nova. Con isto damos por finalizado o apartado de roupa.

Ademais, teremos un par de fichas de liveworksheets. Xa sabedes como funcionan, pero lembrade que cando rematedes debedes indicar o nome e apelidos, curso e introducir o meu código de mestre. O meu código é:

ons3bsitnb

Clothes (Matching), una ficha interactiva de Meri
liveworksheets.com


En caso de que o incrustado no blog fallase, aquí tedes os dous enlaces que levan ás fichas:

Ficha 1 - Clothes: read and choose

Ficha 2 - Clothes: matching

A continuación teremos un repaso do visto até de agora, cada vez coñecemos máis palabras e o noso vocabulario se fai máis grande e complicado. No repaso de hoxe imos a traballar con: números, preposicións, cores e obxectos de clase.

AMPLIANDO O NOSO XOGO DE MEMORY


Agora abordaremos os contidos que ampliaremos na nosa ampliación do xogo de memory. Imos a empregar as emocións. Hai un abano moi grande de emocións, polo que escollín seis. Aló imos, coma de costume lémbrovos que nesta entrada podedes ver as normas do xogo e os aspectos básicos de como construír o voso propio memory card game. Tamén dicirvos que cada vez sodes máis as persoas que compartides comigo as vosas creacións, así que se polo de agora non estábades a facer: animádevos!

Tamén dicirvos que esta vai ser a última ampliación que fagamos do noso xogo, xa que con esta teremos bastante completo o noso vocabulario. Así que tedes todo un verán por diante para mellorar e practicar.

Déixovos por aquí unha serie de fotografías para que poidades ver as tarxetas que fun facendo e coas palabras que imos a empregar.





E finalizamos, cunha recomendación musical... Emocións para todo o mundo! A segunda parte dos zombis!

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I