English XI

Venres, 19 de xuño de 2020


E xa chegamos ao final do curso. Poida que sexa o curso máis raro que tiven que vivir e, probablemente, sexa o máis raro de tódolos que me quedan tamén por diante. Aínda así, nestes últimos meses creo que traballamos bastante e no que se refire ao inglés, creo que os obxectivos están bastante ben acadados se seguistes o traballo ata aquí mesmo. 

Hoxe teremos só unha actividade de repaso das emocións que traballamos a semana pasada e, con iso, nos despedimos do inglés por este curso. 

KAHOOT EMOCIÓNS


O kahoot estará dispoñible, coma de costume, por toda a semana habitual. Así que poderedes facelo ata o vindeiro:

Xoves, 25 de xuño de 2020, ás 20:00


Estes meses traballamos un montón, facendo todo tipo de actividades e estou seguro que vós mesmos e mesmas notastes unha melloría incrible nas tarefas que vos mandaba. Así que, para que o comprobedes, déixovos unha recopilación de kahoots que fixestes por se queredes volver a probarvos de novo. 

Estarán dispoñbiles por un mes, que é o máximo tempo que me permite a propia plataforma. Por supostísimo, isto é absolutamente voluntario. 




E hoxe, o tema musical non podía ser outro:



Mañá xa non hai cole, pero conectádevos porque temos unha pequena sorpresa.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I