Semana 2 de confinamento
Actualización 30/3/2020. Esta entrada foi publicada a semana pasada na páxina web do centro, pero para unificar todo o noso traballo imos a republicala no novo blogue.
Luns 23 de marzo de 2020
Que tal van eses ánimos? Esperamos que
ben. Esta semana temos preparadas unha batería de actividades. Debido a
que nós tamén estamos lonxe do centro e non podemos consultar materiais
impresos de referencia, desta vez primamos o uso de actividades en liña e
descargables. Vos deixamos varios enlaces aquí abaixo para que
decidades que actividades realizades co alumnado, lembrade que non son
obrigatorias e que non se trata de facer exactamente isto, senón que son
orientativas para que no caso de que así o decidades as modifiquedes e
cambiedes ao voso gusto e ao nivel do neno ou nena.
Tamén vos queriamos facer unha
recomendación tecnolóxica. Resulta que os tradicionais cadernos Rubio
lanzaron unha aplicación para móbiles e táblets que está bastante ben,
pode ser unha boa forma de manter as mentes do noso alumnado ocupadas e
que traballen sen darse conta. A aplicación vola deixo aquí.
Así mesmo, non debemos de esquecernos de que este pasado 21 de marzo se celebraba o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Compartimos con vós un vídeo de O Vello Cárcere de Lugo cunha proposta de manualidade.
A continuación deixámosvos actividades
para matemáticas, lingua, inglés e unha proposta de proxecto de
construción. Tamén vos lembramos que estamos dispoñibles para vós aquí:
Silvia: silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es
Crespo: m.g.crespo@edu.xunta.gal
ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS
Actividades en liña para matemáticas: mellorando as capacidades de suma.
Actividades en liña para matemáticas: mellorando a velocidade de suma.
Actividades para descargar de matemáticas: resolución de problemas.
ACTIVIDADES DE LENGUA
Estamos tendo dificultades para atopar
actividades de lingua galega. Por ese mtivo nos gustaría pedirvos que a
poder ser a lectura que se realice de forma diaria fose en galego, para
poder compensar a falta de recursos en liña neste idioma.
Exercicios de lectura con respostas que deben escribir as nenas e nenos
Exercicios de lingua e a situación comunicativa
Exercicios de creación de palabras
ACTIVIDADES PARA INGLÉS
O inglés de primeiro de primaria é unha
simple aclimatación ao traballo e o vocabulario, polo que non se
realizarán actividades por escrito. Iso si, nos gustaría recomendarvos
unha serie de vídeos para que os vexan e os canten en momentos libres.
En concreto, estes tres xa os coñecen e tratan sobre os números,
concepto que lles costa bastante, especialmente os números por encimado
12 -twelve-.
PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DESTA SEMANA
E para finalizar, farémosvos unha
proposta de traballo que permita ao alumnado empregar as habilidades de
construción e de planificación. Esta actividade consistirá na creación
dun coche con material reciclado.
Material preciso:
- Botellas de plástico: cantas máis mellor.
- Palillos, palliñas de plástico ou similares
- Tesoiras
- Pegamento
- Celo
- Pinturas
- Imaxinación e ganas
Procedemento: a idea é empregar unha
botella de plástico como corpo do coche e aos lados, facendo
perforacións -coa axuda de irmáns maiores ou adultos- introducir rodas e
elementos decorativos.
Resultado final: o coche debe ter un
lugar no que poder introducir un boneco de xoguete (un playmobil, un
dinosaurio ou algo feito polos propios nenos e nenas). Tamén se debe
atender á decoración.
Xogo: con cartón podemos facer unha
rampa que se enganche cunha cadeira ou unha mesa. Lanzamos o coche e
vemos canta distancia percorre. O obxectivo é facer modificacións para
que percorra máis distancia, vaia máis recto e non se desmonte polo
camiño ou que non se caia o boneco que temos dentro do coche.
Podedes mandar fotografías dos vosos coches aos nosos correos e as compartiremos ao final desta semana!
PROPOSTA CULTURAL DE LECTURA
Esta semana tamén vos recomendamos un libro que podedes conseguir comprando en liña da editorial kalandraka. Trátase de a que sabe a lúa?
Comentarios
Publicar un comentario