Mes das letras I

Venres, 1 de maio de 2020



Hoxe é o día do traballo, polo que respectarei o ben merecido descanso e non subirei a actividade correspondente de inglés.

Non obstante, tamén é o inicio do mes de maio: o mes das letras. E iso si que non o penso perdoar. Posiblemente este ano serán as letras galegas máis raras de todas, incluso se retrasará a cerimonia na que se lle rendirá homenaxe a Ricardo Carvalho Calero ata finais do ano.

No noso blog queremos adicar un momento ao noso idioma e as nosas letras, que tanto esforzo costaron manter e traer vivas ao día de hoxe.

Para engadir o noso pequeniño grao de area a manter vivas esas mesmas letras tráiovos o que para min resulta o mellor conto infantil escrito en galego ou en calquera outro idioma: a galiña azul de Carlos Casares. Hoxe toca a primeira parte, que continuarei nos vindeiros días.

Espero que o disfrutedes!


A próxima entrada estará dispoñible o próximo domingo 3 de maio de 2020. Vémonos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II