Matemáticas I
Luns, 30 de marzo de 2020
E comezamos a semana: luns, o día da lúa... e a partires de agora, das matemáticas tamén.
Sendo consciente das dificultades para acceder todo o mundo a un ordenador no que realizar actividades, vou a facer dúas propostas: unha en papel e lapis, como se fixo sempre; e outras dixitais que son autocorrexibles.
Instrucións de uso: nin hai que facelas todas, nin hai que facer estas, nin son todas estas as que se pode facer.
Tarefas en papel
En entrantes temos, sumas sen levadas.
Para axilizar a mente e lembrarnos de que non todo é sufrimento nesta vida. Así que, a sacarlle o po a eses dedos, lápices ou calquera outro obxecto que se poida contar!
Cando copiedes as operacións, lembrade que a colocación é o máis importante do mundo. Unidades debaixo de unidades e decenas debaixo de decenas.
- 34 + 54 =
- 25 + 41 =
- 82 + 17 =
- 40 + 15 =
- 10 + 12 =
- 21 + 12 =
- 23 + 21 =
- 32 + 45 =
- 10 + 1 =
Prato principal, sumas con levadas.
Sen sufrimento non hai diversión. Unhas poucas sumas nas que debuxando paus ao lado da operación e contando dedos seremos quen de chegar a un resultado.
- 59 + 7 =
- 17 + 16 =
- 25 + 19 =
- 13 + 9 =
Postres, un mix de todo e con restas.
- 36 - 25 =
- 59 + 40 =
- 49 + 39 =
- 19 + 58 =
- 79 - 13 =
Tarefas en liña
Se preferides algunha tarefa máis dixital para matar os ratos mortos, aquí vos fago unha proposta de xogos dixitais para traballar aspectos das matemáticas:
E como sabedes ben, as clases se pasan mellor se hai música no ambiente, así que unhas recomendacións musicais para pasar mellor estes días.
Hoxe toca un pouco de jazz con toques de brass dende New Orleans en Estados Unidos para nos levantar o ánimo e bailar un pouco, así como escoitar -en inglés- unha historia de superación e de loita contra o racismo.
Comentarios
Publicar un comentario