Libros de texto - Información importante
Venres, 17 de abril de 2020
Bos días familias. Esta mesma mañá contactou con nós a inspección educativa para comunicarnos varios aspectos importantes con respecto ao desenvolvemento da terceira avaliación:
- A volta ás aulas semella difícil e aínda non se pode saber cando poderemos facelo.
- O avance na materia non está prohibido, tampouco é obrigatorio. Nos deixan a decisión a nós. Tamén nos insisten en que aínda que decidamos continuar co curso, se o alumnado non segue as actividades non podemos penalizalas de ningún xeito.
- A avaliación se realizará coa información recadada ata o inicio da corentena e como moito podemos valorar positivamente o traballo realizado dende os fogares, nunca negativamente. Ademais esta valoración positiva sería sempre polo interés mostrado, non pola calidade do traballo en si.
- Libros de texto. Non existe unha directriz clara sobre que deberemos facer ao respecto. Dinnos que non se opoñerán ao que decidamos. Neste sentido parece que a protección civil de A Rúa se ofrece a axudarnos con isto e a levar aos domicilios os libros de texto que estean na aula -que no noso caso, son todos-. Posiblemente esta é unha decisión moi complicada como para tomala a nivel xeral de Galicia xa que non podemos facer que a xente acoda en masa a un mesmo lugar aínda que só sexa por uns minutos. EN NINGÚN CASO SE PODERÁ IR A RECOLLER PERSOALMENTE OS LIBROS AO CENTRO.
Dende as nosas titorías, queremos trasladaros esta información xunto coas nosas decisións particulares ao respecto dos seguintes apartados.
COMUNICACIÓN AO NOSO CORREO ELECTRÓNICO
A día de hoxe houbo familias que nos realizastes consultas, pero non todo o mundo contactou con nós. Por iso vos pedimos que nos contactedes o antes posible aos nosos correos electrónicos para establecer unha vía de contacto.
Silvia: silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es
Crespo: m.g.crespo@edu.xunta.gal
FORMULARIO DE CONSULTA
Cando teñamos un bo número de correos electrónicos, enviarémosvos un formulario de consulta na que pediremos a vosa opinión ao respecto dos seguintes temas:
- Decisión individual e particular de cada familia sobre se queredes recibir os libros na vosa casa e traballar sobre eles os contidos que aínda non tocamos.
- No caso de ser afirmativa a vosa disposición a continuar co traballo nos fogares, precisaremos unha dirección na que poidades recibir os libros. Así mesmo, precisaremos o voso consentimento escrito para que facilitemos esa información persoal á protección civil de A Rúa.
- Nos gustaría saber as posibilidades de acceso ou dificultades que atopastes ata o de agora para poder conectarvos á información que tivemos enviado. Por exemplo: non dispoñedes de internet, non tedes acceso a unha impresora, non tedes dispositivo co que poder acceder de forma diaria a internet...
- No propio formulario vos daremos os nosos números persoais de teléfono para que poidamos ter un contacto máis directo e continuo. Así mesmo vos preguntaremos sobre a posibilidade de que fagamos un grupo de whatsapp no que comunicarnos calquera novidade.
- Aínda no caso de que non queirades formar un grupo de whatsapp sempre nos poderedes contactar de forma individual e privada por eses medios.
CONTINUACIÓN DAS ACTIVIDADES E AVALIACIÓN DAS MESMAS
Aquelas familias que decidan continuar co traballo dos libros o farán en base á súa autonomía. Somos conscientes das dificultades de moitos de vós para acceder a internet ou a recursos dixitais e por ese motivo non nos opoñeremos a que cada quen continue ao ritmo que decida de forma individual.
Ademais, para nós -Silvia e Crespo- resulta francamente difícil continuar co traballo nos libros a distancia porque non dispoñemos no noso fogar do libro de texto en cuestión e tanto unha coma o outro residemos fóra do Concello de A Rúa e non nos poden facer chegar os libros.
Por eses motivos, vos emprazamos a que nos consultedes dúbidas -de xurdir estas- e a que na medida do posible volas poidamos resolver.
Así mesmo, no respecto á avaliación das actividades. Sempre e cando poidamos facelo non teremos inconvinte en que por medios telemáticos nos fagades chegar páxinas ou fotografías para a súa corrección. Non obstante, a dificultade das tarefas -salvo contadas excepcións-, non é moi elevada e calquera persoa adulta ou irmáns de cursos maiores poden axudar neste sentido. Aínda así, insistimos en que nos atopamos á vosa disposición, dentro dos límites razoables.
O BLOG
Antes de que todo isto comezase, a idea de facer un blog para subir información e traballo para as familias era algo que algunha vez se nos pasara pola cabeza, pero que a falta de tempo impedía constantemente. Así e todo en 30 días aprendimos como crealo, como melloralo, como empregar recursos dixitais que ata ese momento eran meramente anecdóticos e convertilos en verdadeiras ferramentas de aprendizaxe dixital. E todo isto sen axuda nin formación.
Agora nos daría moita mágoa deixar de empregalo. Por ese motivo imos a redobrar os esforzos e mentres intentamos manter un seguimento do traballo dende o fogar tamén continuaremos subindo contidos ao blog e seguiremos innovando para achegarvos máis e máis actividades e propostcas culturais.
Me parece muy bien todo.Gracias por vuestra preocupación.
ResponderEliminarGrazas. Tentaremos facer o mellor para os nosos nenos. Saúdos.
EliminarNós aproveitamos esta entrada para ir ofrencendo resposta algunhas das cousas que estades a contar.
ResponderEliminar1º Dende a nosa casa en principio non queremos botarlle ese traballo a protección civil e esa peligrosidade que conleva repartir os libros de todos os nenos e nenas da escola, así que en principio nós non queremos os libros de texto.
2º Nós temos acceso digital e posibilidades de seguir a traballar conxuntamente a través de internet e tamén podemos ofrecer os nosos números persoais para un grupo ou para contacto directo se o estimades oportuno.
3º estamos encantados coa iniciativa do Blogue e queremos agradecer o voso esforzo por facelo posible ainda na distancia.
Moitas grazas polo traballo que estades facendo que a distancia non é doado e sen directrices e apoio da conselleria, como nos contades no comunicado do comezo.
Pola nosa parte no que poidamos axudar só tedes que dicilo e na medida das nosas posibilidades o facemos.
Saúdos Crespo e a Silvia de Laia e Telmo, de do seu pai e nai tamén.
Grazas Águeda. Tentaremos entre todos facer o mellor posible para os nosos nenos os cales merecen moito máis do que lles podemos ofrecer.
EliminarSaúdos tamén para vos e sen esquecer a Carmen.