Ciencias V

Mércores, 13 de maio de 2020

Hoxe nos toca un pouco de ciencias. Nesta ocasión tocaremos un pouco as ciencias sociais. Máis en concreto nos centraremos no traballo da medición do tempo: meses e días da semana. 

Para iso preparamos unha serie de explicacións que nos servirán de repaso. Comezamos!

DÍAS DA SEMANA


Como poderedes ver na imaxe, os días da semana son 7. Xa os coñecemos moi ben e sabemos xa cal é o peor día da semana -o luns- e cal o mellor -o venres-.



MESES DO ANO


 Agora pasaremos aos meses. Os meses son 12 en todo un ano e resulta un tanto complicado tanto os seus nomes como tamén saber cantos días ten cada mes, xa que é algo que vai cambiando. Para comezr repasamos o seu nome e a posición na que se atopan:


Despois nos centraremos na cantidade dos seus días. Para iso imos a empregar un truco que nos proporciona os nosos propios puños. Ao pechalos se notan mellor os cotobelos e os ocos que hai entre eles. 

Aos cotobelos chamarémoslle montañas. Aos ocos entre cotobelos chamarémoslle vales.


Comezando dende o primeiro cotobelo, imos contando os meses e aqueles meses que caian sobre unha montaña terán 31 días e os que caian nos vales, terán 30 días. Salvo febreiro, que terá 28 ou 29.


Déixovos aquí un vídeo bastante curtiño onde explican este sistema de contar os meses para saber os seus días.  

Por último, imos poñer todo isto en práctica facendo un Kahoot. As primeiras preguntas son explicacións, mentres que as últimas son actividades de varios tipos:
  • Preguntas curtas nas que deberedes dicir un dato concreto.
  • Ordear meses ou ordear días da semana.
  • Preguntas de cantos días ten un mes en concreto.

KAHOOT MESES E DÍAS


Coma de costume teredes unha semana para facelo cantas veces queirades. Xa sabedes que a práctica fai ao mestre.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I