Matemáticas VII
Luns, 18 de maio de 2020
Comezamos a semana co noso particular día das matemáticas. Como vén sendo costume, nesta ocasión teremos operacións matemáticas de suma con levadas, suma sen levadas e restas; tamén teremos un pouco de cálculo mental e, como novidade, tamén teremos un par de problemas a resolver. Así que, sen máis dilación, imos aló!
OPERACIÓNS: SUMAS E RESTAS
Todo un clásico. Non hai moito máis que explicar que lembrarvos que a idea é que se resolva primeiro nun caderno e despois se pase ao kahoot. Estas serán as operacións:
59 - 33 =
25 + 36 =
36 + 36 =
36 + 63 =
23 + 18 =
29 - 13 =
48 + 21 =
56 + 18 =
28 + 59 =
53 - 33 =
11 + 29 =
38 - 12 =
35 + 6 =
56 - 34 =
20 + 21 =
CÁLCULO MENTAL
Neste caso, todo o contrario que as operacións anteriores. Xa sabedes, sumas moi sinxelas nas que non é preciso facelo no papel. Débense facer de cabeza o máis rápido que se poida. Esta é a terceira semana que facemos este exercicio e, como veredes, vouno facendo cada vez máis difícil. A semana que vén teremos as primeiras restas de cálculo mental.
RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
Agora que xa estamos un pouco máis familiarizados coas matemáticas a través do ordenador, véxome con confianza suficiente como para que introduzcamos a resolución de problemas. Para iso imos comezar con dous problemas, para ir probando. Ao igual que as operacións, a idea é que se resolvan primeiro nun caderno e, despois, se pase ao kahoot a dar as respostas. O kahoot non só irá sobre o resultado que debe ter cada operación, se non que preguntará aspectos internos do problema: datos, operación a realizar e, finalmente, resultado.
Os dous problemas estarán subidos nunha diapositiva do kahoot, pero tamén os poñerei aquí para facilitarvos o labor. Lembrade: a idea é que o alumnado razoe o que deben facer, aínda están nun momento moi inicial da resolución de problemas, polo que é preciso que leamos con eles e elas os problemas para eliminar os erros de comprensión.
Como resolvelos?
A continuación oriéntovos cunha serie de pasos que vos pode facilitar o traballo e sobre todo pode pautar o que se debe facer ante un problema:
- Lemos o problema: se é posible coa voa intervención para facilitar o labor á rapazada.
- Atopamos os datos e incluso podemos apuntalos. Non é preciso apuntalos como se fosen operacións. Simplemente apuntalos.
- Que pasa no problema: buscamos palabras clave: total, juntar, unir (significa sumar) ou quitar, perder, gastar (significa restar).
- Debuxar o problema se fose preciso podemos debuxar o problema para visualizar que é o que hai que facer.
- Operación: pasamos a colocar os datos e resolvemos.
- Resolución: ten sentido o que nos deu?
Problema 1:
Son las 5 de la tarde y es hora de salir a dar un paseo. Llevas 6 euros y decides ir a la tienda de chucherías a comprar unos gusanitos. Gastas 2 euros. ¿Cuánto dinero te queda?
Problema 2:
Aprovechamos la cuarentena para recoger los juguetes y te encuentras que tienes dos cajas de coches de juguete. La primera caja tiene 25 coches y la segunda caja tiene 46 coches. ¿Cuántos coches tienes en total?
Como vén sendo costume. Os Kahoot estarán dispoñibles por unha semana. Ata o vindeiro:
encántanos esta proposta musical. Moitas grazas.
ResponderEliminar