Lingua galega I
Martes, 31 de marzo de 2020
Seguimos coa semana e hoxe imos traballar coa nosa fermosa lingua. Os martes a lingua galega será o vehículo das nosas aprendizaxes.
A continuación adxúntovos un conto. Escoita atentamente.
Despois de escoitalo as veces que queiras, colle papel e lapis para facer unhas actividades.
1. Contesta:
- Como se chama a cadeliña?
- Que quere comer o hipopótamo?
- Quen fai tremer a sabana?
2. Escribe o nome dos animais que aparecen no conto.
3. Debuxa o teu animal preferido da sabana.
Despois deste duro traballo toca desfrutar cun reto. A profe Miriam, do CEIP Plurilingüe de Monterroso, falou co humorista Carlos Blanco e contoulle o ben que o estades facendo os nenos e nenas durante a corentena.
Que vos parece o reto? Se vos gusta podedes levalo a cabo e mandarnos os vosos chistes. Como xa sabedes non podemos publicar as vosas imaxes, pero si que nos gustaría ver os vosos vídeos contándonolos a nós.
E por último a nosa recomendación musical.
Desfrutade do día e pensade que cada vez queda menos para vernos. APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario