Martes, 21 de abril de 2020 Hoxe a editorial santillana enviou ao centro docente un correo electrónico informándonos de que debido á situación que estamos vivindo decidían publicar en liña os libros do segundo e do terceiro trimestre de forma gratuíta para todo o mundo, tivesen ou non esa editorial. Aquí vos deixo os libros que enviaron das dúas asignaturas de lingua galega e lingua castelá. Lingua galega Lengua castellana A copia dixital que enviaron non permite ser imprimida directamente, pero si que se pode realizar capturas de pantallas que despois se impriman ou, posiblemente mellor ca iso, poderían realizarse nun caderno copiándoas. Esperamos que vos resulten útiles.
Domingo, 3 de maio de 2020 E aquí vos traemos unha nova entrega de A galiña azul , espero que a disfrutedes. A próxima entrega será o vindeiro sábado día 9 de maio. Para ver o primeiro episodio, atópase no seguinte enlace .
Venres, 1 de maio de 2020 Hoxe é o día do traballo, polo que respectarei o ben merecido descanso e non subirei a actividade correspondente de inglés. Non obstante, tamén é o inicio do mes de maio: o mes das letras. E iso si que non o penso perdoar. Posiblemente este ano serán as letras galegas máis raras de todas, incluso se retrasará a cerimonia na que se lle rendirá homenaxe a Ricardo Carvalho Calero ata finais do ano. No noso blog queremos adicar un momento ao noso idioma e as nosas letras, que tanto esforzo costaron manter e traer vivas ao día de hoxe. Para engadir o noso pequeniño grao de area a manter vivas esas mesmas letras tráiovos o que para min resulta o mellor conto infantil escrito en galego ou en calquera outro idioma: a galiña azul de Carlos Casares. Hoxe toca a primeira parte, que continuarei nos vindeiros días. Espero que o disfrutedes! A próxima entrada estará dispoñible o próximo domingo 3 de maio de 2020. Vémonos!
Comentarios
Publicar un comentario