Tempos de casa, tempos de blog...
Domingo, 29 de marzo de 2020
Hai unhas semanas isto parecía unha broma pesada, agora é unha realidade molesta. Pero unha realidade á que hai que adaptarse.
Dende o día 1 de confinamento o profesorado, non só o da Rúa -volo podo asegurar-, estivemos volvéndonos tolos para atopar unha fórmula para chegar ao noso alumnado, sen saturar ás familias, que fose accesible a todo o mundo e que nos permitise seguir cunha falsa normalidade. Non vou dicir se acertamos ou fallamos, pero aínda seguimos na procura de algo que nos axude mellor. Neste sentido, a profe Silvia tivo a idea de facer un blogue para primeiro de primaria no que, de forma diaria, vaiamos compartindo xa non só tarefas, se non tamén actividades, iniciativas e xogos que axuden a levar isto o mellor que se pode.
Así que, aquí o está. Aberto para vós as 24 horas do día os 7 días da semana e o tempo que isto precise, ata que volvamos a vivir unha vida perfectamente aburrida.
Silvia: silvia.fernandez.lopez@edu.xunta.es
Crespo: m.g.crespo@edu.xunta.gal
Comentarios
Publicar un comentario