Ciencias da Natureza I - Experimento
E xa chegamos ao mércores, día de Mercurio. Hoxe vai ser o día da ciencia e para tal finalidade, vos propoño que realicedes un sinxelísimo experimento en casa chamado:
AS FRECHAS MÁXICAS
Materiais que precisamos:
- 1 vaso de cristal o máis grande que poidades
- Auga do grifo nun recipiente calquera
- 1 folio
- Cores ou material para pintar no folio
- Tesoiras (opcional)
![]() |
| Un bodegón |
Procedemento:
1.- Comparamos o tamaño do folio co vaso que atopamos en casa. Deste xeito nos aseguramos pintar as dúas frechas dentro do tamaño máximo do vaso. Podemos recortar se queremos o que nos sobra de folio.
2.- Pintamos dúas frechas no folio, con cores vivas para que destaquen ben. As frechas deberán estar na mesma dirección, apuntando ao mesmo lado: esquerda ou dereia.
![]() |
| Nin Hitchcock o tivese dirixido mellor |
4.- Enchemos de auga ata que esta cubre a primeira frecha, a que está máis abaixo, loxicamente.
Que foi o que aconteceu???
As frechas cambiaron de dirección cando a auga chegou a cubrilas. Aquí vos deixo un vídeo en castelán no que se explica o que acontece.






Comentarios
Publicar un comentario