Ciencias II

Mércores, 22 de abril de 2020



Pouco antes de que todo isto comezase, unha das últimas cousas que tivemos a oportunidade de traballar en aulas foron os animais vertebrados e os seus tipos: mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes. 

Hoxe vos preparei un Kahoot sobre estes contidos e, como a memoria non sempre é tan boa como debería, vos traio un vídeo no que se resume todo este coñecemento. 


E xa vos deixo co Kahoot destes contidos. Se trata dunha serie de animais que deberedes clasificar en mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes. Non vos confiedes, porque hai unhas poucas que son difíciles -ollos ben abertos!-. 


A data límite para poder facer este kahoot será:

Martes, 28 de abril de 2020, ás 20.00 horas.

Se queredes profundizar un pouco máis neste tema ou se aos mequetrefes lles gusta, vos deixo un documental sobre baleas que está gratuíto en YouTube. 



E xa para finalizar, a recomendación musical. Hoxe toca unha canción dun grupo francés de metal que tratan temas sobre a ecoloxía e a destrución do medio ambiente nas súas letras. En concreto, nesta canción nos trasladan a un mundo no que as baleas poden voar sobre os edificios, porque os casquetes polares están xa derretidos. Ademais, mención aparte merece que por contrato parte do que recadan en concertos e en festivais está destinado a unha ONG que procura o coidado dos mares: eliminación de contaminantes, defensa das baleas e denuncia de prácticas ilegais de pesca. 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I