Ciencias III
Mércores, 29 de abril de 2020
Bos días, comezamos co noso día da ciencia. Hoxe traiovos un comunicado da mestra Luísa, a cal, como saberedes é a mestra de ciencias da natureza do grupo de 1ºA. Ela está a subir tarefas na páxina correspondente do centro. Trátanse de pequenas explicacións sobre os catro temas que estiveron traballando nas aulas nos últimos catro meses. Así mesmo, tamén hai unha serie de fichas que vos pide que se as fan as enviedes ao seu correo electrónico. Déixovos aquí o comunicado e as actividades.
Dinme os meus pequenos paxariños que o kahoot de animais vertebrados foi todo un éxito. Así que esta semana volvemos a repetir. Aínda que subindo un chisquiño a dificultade. Ademais das preguntas que se realizaron a semana pasada do estilo: que tipo de animal é este?, esta semana incorporo preguntas de verdadeiro é falso sobre as características xerais dos animais vertebrados. Así tamén introduzo conceptos como ovíparo -reprodúcese por ovos- ou vivíparo -paren crías vivas-. Estes conceptos son cruciais para continuar as ensinanzas en segundo de primaria e carecen de dificultade algunha, polo que me animei a introducilas nesta ocasión.
TAREFAS LUÍSA

Tamén, para facilitar un pouco o repaso, atopei unha serie de vídeos que explican brevemente as características dos animais vertebrados e os seus tipos.
Vídeo sobre os peixes:
Vídeo sobre os anfibios:
Vídeo sobre os réptiles:
Vídeo sobre os mamíferos:
Vídeos sobre as aves:
Unha vez vistos os vídeos, aquí vos deixo o Kahoot para que poidades responder e xogar:
KAHOOT DE ANIMAIS VERTEBRADOS II
O Kahoot estará dispoñible ata:
MARTES, 5 de ABRIL de 2020, ás 20:00
E xa para despedirme de vós, recoméndovos un novo documental que trata sobre algo bastante complicado de explicar: a evolución das especies. En este caso, céntrase en como foron aparecendo as primeiras formas de vida animal na época cámbrica e como estas se foron transformando e adaptando á vida fóra da auga.O documental pertence á serie de Caminando da televisión pública británica: BBC, que repasa algunhas das etapas máis importantes da evolución animal. No seu día recibiu numerosos premios e a pesares de que quizais hoxe as animacións feitas por ordenador desta época xa non resultan nin tan impresionantes nin tan logradas, si que a información que contén e que transmite resulta marabillosa.
Comentarios
Publicar un comentario