Consulta de notas a través de Abalar móbil
Mércores 1 de abril de 2020
Debido a que moitas persoas aínda non teñen instalado nos seus teléfonos o Abalar móbil que permite realizar as consultas de notas, imos a publicar un tutorial sobre como realizar a descarga e como poñer en marcha a aplicación.
- Abrimos Google Play (Play Sotre) se o noso sistema operativo é Android ou AppStore en caso de empregar iPhone de Apple. Sexa como sexa, o proceso é semellante.
- Procuramos Abalar móbil na barra de búsqueda.
- Instalamos a aplicación. Pode levar uns segundos, pero non máis de un par de minutos.
- Abrimos a aplicación. Podemos abrila dende a Play Store ou AppStore ou buscándoa entre as aplicacións que teñamos instaladas. O logo que ten é este:
- Aceptamos os permisos de uso de teléfono.
- Aceptamos os permisos de acceso a arquivos.
- Introducimos o número do noso teléfono móbil. Debe coincidir co teléfono proporcionado ao matricular ao alumnado ou correspondente á actualización dos datos deste curso escolar. No caso de non ser así, contactade coa dirección do centro.
- Recibiredes un código que debe ser introducido na aplicación.
- Debedes configurar un contrasinal facilmente recordable e que sexa acorde coas esixencias de seguridade da aplicación: debe conter maiúsculas, números ou símbolos. Non poden ser contrasinais facilmente hackeables como: '1234' ou similares.
- Acceso á información. Debido a que os mestres que non somos pais de alumnas e alumnos escolarizados en Galicia non podemos acceder á aplicación, vos deixo un manual da aplicación que se pode descargar en pdf por se tedes máis dúbidas.
GUÍA ABALAR MÓBIL
A aplicación permite o acceso tanto aos boletíns de notas como tamén a recibir as faltas de asistencia, así como a outros datos de importancia, polo que non desinstaledes a aplicación unha vez consultadas as notas, xa que para instalala de novo haberá que pasar de novo todo este proceso.
Espero que vos resultase de axuda.








Comentarios
Publicar un comentario