English I
Venres, 3 de abril de 2020
E xa estamos a Venres, día de venus... aínda que agora todos parecen domingo.
Hoxe nos toca un pouco de inglés. A semana pasada vos recomendaba tres cancións cos números en inglés e agora é o momento de poñer en práctica o aprendido.
Primeiro repasaremos as cancións:
Numbers from 1 to 10
Numbers from 10 to 20
Numbers from 1 to 20 (gets faster)
E agora a poñelo en práctica. E vos dou dúas opcións, segundo as vosas posibilidades.
No caso de que non dispoñades dun ordenador ou no móbil non funcionen adecuadamente estes xogos, o alumnado poden cantar as cancións e intentar seguir o ritmo da terceira canción. Esta terceira canción -numbers from 1 to 20- ten tres niveis de dificultade con velocidades cambiantes, que intenten cantar ao ritmo máis rápido que poidan.
E se o alumnado dispón dun ordenador e o pode utilizar durante uns minutos... Aquí vos deixo un xogo para traballar os números.
Numbers game de Mundo Primaria
Trátase de arrastrar o número de ósos que indica o audio. Moita atención!
Numbers game de Cerebriti
Esta esixe un pouco máis de nivel porque hai que recoñecer por escrito os números, algo que o alumnado de primeiro aínda non sabe facer, pero si que poden aprender. Tras dúas veces que fallen atoparán a solución.
E xa, para finalizar, unha última recomendación. Trátase dunha aplicación móbil na que poder practicar inglés e calquera outro idioma que desexedes. Non está pensada especialmente para nenas e nenos de primeiro de primaria, pero si que permite unha progresión de dificultade que lles pode axudar a adquirir moito vocabulario. A aplicación chámase Duolingo, está dispoñible tanto para android como para apple. É totalmente gratuita.
Ao comezar debedes escoller o motivo polo que queredes aprender inglés -aínda que marquedes o que marquedes non vai cambiar nada- e o compromiso de tempo que lle queredes adicar. Ademais tamén vos pide que indiquedes o voso nivel.
As actividades que inclúen son maioritariamente de vocabulario e de construción de oracións.
Se queredes manter unha regularidade no traballo do inglés dende un nivel moi básico e non tedes un manual por escrito, vos recomendo que empreguedes esta aplicación.

Comentarios
Publicar un comentario