English IV

Venres, 22 de abril de 2020


E xa imos a rematar a semana co inglés. Esta semana vos traio dúas actividades: unha consiste en continuar co noso xogo de fichas do memory e a outra é un kahoot sobre os contidos dos números que vimos nas últimas semanas. 

Para o kahoot vos deixo aquí o enlace para que poidades respondelo. 

Kahoot numbers


A data límite para responder será:

Xoves, 30 de abril de 2020, ás 20:00 horas. 



MEMORY CARDS!

Agora imos coas novas fichas para o xogo do memory. Nesta ocasión se trata dos catro conceptos de preposicións que vimos nas últimas semanas de clase:

  • In. Significa: dentro de.
  • On. Significa: enriba. 
  • Under. Significa: debaixo.
  • Behind. Significa: detrás.

Para axudarvos a que o alumnado lembre estas palabriñas vos paso un vídeo. Trátase dunha canción na que traballan estas catro palabras xunto con outras que aínda non vimos: Next to (ao lado), Between (entre) e In front of (diante). Aínda así resulta moi asequible. 


TEMPO DE FACER MANUALIDADES


Para as tarxetas lémbrovos o material que empregamos na anterior ocasión:

  • Folios de cores ou en branco
  • Cores, pinturas... 
  • Regra para medir
  • Lapis
  • Tesoiras
  • Pegamento (opcional)
  • Cartón (opcional)
E os pasos volven a ser os mesmos, pero nesta ocasión só teremos que facer oito tarxetas. No caso de que non seguísedes as instrucións da anterior vez, intentádeo facer igual que as outras para poder combinar todo: 

1.- Empregamos o folio e unha regra para trazar unha malla de cadrados de 5cm de alto por 5cm de ancho. Faremos 8 cadrados (eu xa fixen algún máis para as semanas vindeiras): 
2.- A continuación incorporamos as palabras que imos a traballar e catro debuxos que representen esas palabras.
3.- Agora tocará decorar. Eu empreguei tamén unha relación de cores para axudar ao principio a atopar esas palabras. 
4.- De forma opcional se pode pegar nun cartón dunha caixa de cereais ou galletas para que gañe en dureza e sexa máis doado de manipular. 
5.- Recortar. Podemos xogar partidas rápidas con estas catro palabras para que se familiaricen e despois misturalas coas dos números para repasar as dúas cousas a un mesmo tempo. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I