Lingua galega II



Remataron as vacacións e seguimos sen poder voltar ás nosas adoradas aulas de 1ºA e 1ºB. Pero non vos preocupedes xa que aquí estamos os vosos titores para que sigades aprendendo e divertíndovos.

Comezamos este martes escoitando en Kalandraca TV un conto sobre bechos, estos animaliños tan esquecidos. Paco Nogueiras cóntanolo cantando, que divertido!

Paco Nogueiras - Quen é ese becho?



Despois de escoitar este conto tan divertido collede papel e lapis, que nos toca traballar!

 1.    Separa as seguintes palabras para saber algo máis dos bechos.

●Axoaniñaédecornegroevermello.
●Avacalouraaliméntasedecarballosecastiñeiros.
●Oscabaliñosdodemovivenpretodaauga.
●Acascudatendúasantenas.
●Acostureiratenseispatasparadesprazarsepolaauga.

 2. Escribe o nome de 4 bechos que coñezas.

 3. Debuxa e pinta o teu becho preferido. Se che apetece podes envíalo aos nosos emails que así non botaremos tanto de menos estar todos xuntos.

Rematamos compartindo con vos unha canción adicada ao noso becho preferido,  dona Vacaloura.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I