Lingua galega IV
Bos días a todos e todas! Xa fai 47 días que non nos vemos😢😢, e que non podedes xogar cos vosos amigos e amigas. Aínda que sexa triste pensade que falta pouco para poder estar todos xuntos.
E como nos acordamos tanto dos nosos compañeiros hoxe imos traballar a amizade. Primeiro veremos o corto "Kitbull" onde os amigos non distinguen de tamaños ou especie.
A continuación tedes unhas actividades sobre o que facemos cos nosos compañeiros e como nos comportamos con eles. Podedes imprimilos ou facelos nunha libreta.
Hoxe rematamos preguntándovos se xa salístedes a xogar ou pasear pola rúa. Pasástelo ben? Xa sabedes que tedes que facer caso ao que vos di o adulto co que vaiades, xa que é importante para a saúde.
Pasade bo día!
Comentarios
Publicar un comentario