Matemáticas II

Mércores, 15 de abril de 2020


É mércores, non luns, pero hoxe vai ser un día de matemáticas. Isto farémolo así para poder probar que tal funciona o uso do kahoot nunha situación real, pero non vos preocupar, a partires da semana que vén volveremos a ter matemáticas os luns e ciencias os mércores. 

Nesta ocasión teremos tres kahoot diferentes con cinco preguntas cada un. O por que de facer tres é para facilitarvos o labor e que o alumnado non se vexa abrumado por moita información, deste xeito poden responder en días diferentes. 

Os tres kahoot estarán dispoñibles ata:

Domingo, 19 de abril de 2020, ás 20:00 horas

A continuación vos indico os tres kahoot e as cinco operacións dos que consta, pero antes de iso, lembrarvos que sería positivo que o alumnado tivese tempo e puidese copiar e realizar as operacións sobre papel e só usasen o kahoot para responder unha vez que teñan as solucións. Para acceder a cada un dos tres kahoots só tedes que picar no título do exercicio.

SUMAS SEN LEVADAS

15 + 72 =
20 + 21 =
30 + 7 =
50 + 21 =
52 + 23 = 

RESTAS

 58 - 21 =
65 - 24 =
85 - 14 =
99 - 23 =
99 - 12 =

SUMAS CON LEVADAS

19 + 18 =
23 + 18 =
27 + 48 =
28 + 59 =
56 + 15 =

E por suposto, recomendación musical. Neste caso vos presento un exemplo de música folclórica de León, que os temos aí ao lado e resulta pouco coñecido para os que somos de fóra desta provincia. Así que por nós que non quede.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Libros de texto - Información importante

English IX