Matemáticas IV

Luns, 27 de abril de 2020

Comezamos a semana cun pouco de matemáticas e tamén cun pouco de liberdade condicional para as mequetrefes e os mequetrefes. Espero que o disfrutedes!

Como xa vén sendo habitual, teremos dous kahoots de operacións: sumas e restas. Ademais, esta vez imos a incorporar un novo elemento, un dos últimos contidos que puidemos traballar nas aulas: as horas e a lectura de reloxos. Así que esta semana temos matemáticas suficientes. 

KAHOOT DE SUMAS


15 + 77 =
89 + 9 =
17 + 18 =
85 + 6 =
23 + 56 =
57 + 42 =
25 + 3 =
45 + 17 =
25 + 36 =
36 + 23 =

KAHOOT DE RESTAS


38 - 12 =
59 - 33 =
76 - 50 =
87 - 61 =
98 - 71 =


RELOXOS E A LECTURA DA HORA


Xunto coas operacións é un dos contidos máis difíciles de traballar en primeiro de primaria, así que imos a adicarlle un pouco de tempo para afianzar ben os coñecementos. Primeiro de todo, un vídeo explicativo de como funcionaba o reloxo e a súa lectura.


E agora, poñémolo en práctica! Para iso preparei un novo kahoot. Este consta dunha explicación e de dez reloxos que se contestarán a través do propio kahoot, non vos preocupedes que deixarei dous minutos por cada reloxo para que respondades. A ver que tal sae!

KAHOOT RELOXO E A LECUTRA DA HORA



Tódolos Kahoots de esta semana estarán previstos para finalizar o:

Domingo, 3 de Maio de 2020, ás 20:00

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I