Ciencias VI

Mércores, 20 de maio de 2020

E imos a pola metade da semana!

A semana pasada vimos a medida do tempo en meses e días da semana. Tamén vou incluír un pequeno kahoot de animais vertebrados como repaso do xa visto e para que teñan un momento de xogo. Espero que o pasedes ben!

AS PARTES DO DÍA


En galego existen numerosas palabras para referirse ás partes nas que se divide o día. Moitas destas palabras teñen sinónimos que se empregan en diferentes partes de Galicia, pero aquí escollimos as que son máis recoñecibles. A continuación vos indico cales son, ordeadas de forma cronolóxica nun día normal. Despois teremos un kahoot destes contidos, onde tamén haberá unha explicación previa antes das preguntas, as cales serán de dous tipos: preguntas onde se describe unha parte do día e se debe escoller cal é e tamén de ordear catro partes do día de forma cronolóxica. Imos aló!

O kahoot está ao final deste apartado.

As partes do día en galego, son as seguintes:

Noite: momento do día que vai dende que o Sol se puxo o día anterior ata que sae. É o momento no que podemos ver estrelas, planetas, a Lúa e, en xeral, os demais astros con maior facilidade. Normalmente estamos a durante a noite.
Noite

Luscofusco: xusto ese momento antes da saída do Sol no que a luz comeza a asomar, pero aínda se percibe todo como unha inmensa sombra. Posiblemente unha das palabras máis bonitas que temos no galego. Aínda estamos durmindo.
Luscofusco


Amencer: o Sol asoma pola zona do Leste. Comezamos a espertar e nos diriximos como zombies a almorzar.
Amencer


Mañá: todo o tempo que transcorre dende que o Sol aparece polo Leste ata que alcanza o seu punto máis alto no ceo -o cénit-. Durante a mañá é cando estamos na escola ou facendo as nosas actividades diarias.
Mañá


Mediodía: o Sol acada o punto máis alto no ceo e dende ese momento comeza a perder altura pouco a pouco. Normalmente é cando nos dispoñemos a comer e, despois, durmir unha boa sesta -que non nola quiten nunca-.
Mediodía


Tarde: despois do mediodía e ata que o Sol comeza a estar nunha posición próxima ao Oeste.

Tarde

 
Serán: último momento de Sol antes de que anoiteza. Comeza en canto o Sol se vai perdendo polo Oeste. É o momento no que se paran as actividades de traballo e todo o mundo comeza a pensar en irse a cear. Na miña casa é o momento do metal, pero iso son cousas miñas.
Serán


Anoitecer: O Sol xa se vai perdendo no Oeste e cada vez hai menos luz. Se é primavera ou verán os paxaros comezan a bulir por atopar un oco no que durmir nas árbores, montan un follón bastante importante.
Anoitecer


Luscofusco: Si, as cousas bonitas sempre veñen dúas veces por día. Neste caso, volvemos a ter unha sombra que tapa e cubre todo canto podemos ver.

Luscofusco 2: the return


Noite: Ceamos, lavamos os dentes e a durmir.
Noite

KAHOOT SOBRE AS PARTES DO DÍA


E agora imos cun kahoot de animais vertebrados. Xa sabedes como funciona: fotografías que van aparecendo aos poucos e que deberedes clasificar nos cinco tipos de animais vertebrados que existen. Moito ollo, que hainos ben difíciles. Preparádevos que imos a por el!

KAHOOT DE ANIMAIS VERTEBRADOS


Os dous kahoots estarán dispoñibles ata:

Martes, 26 de maio de 2020, ás 20:00 

E para rematar, un pequeno momento musical, que como sabemos, a música amansa ás feras... Aínda que hai veces que non. Hoxe a mover o esquelete un pouco:

 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I