English VI

Venres, 15 de maio de 2020

E xa chegamos ao fin de semana! Hoxe, coma de costume, teremos o inglés da semana. Nesta ocasión nos toca un repaso ás cores e, aproveitando que xa levamos uns cantos bloques de vocabulario, faremos un repaso xeral ao visto até o de agora: preposicións e cores. Ademais, tamén ampliaremos o traballo do vocabulario a un novo aspecto que, neste caso será o material de clase.

KAHOOT DE REPASO DAS CORES


Imos comezar co primeiro kahoot, repaso de cores. Hai unha explicación previa na que veremos precisamente o vocabulario que despois ampliaremos co memory e que nos servirá para indicar as cores na propia actividade. Hai tres tarefas diferentes: 
  • Clicar a cor que se indica
  • Indicar de que cor é un obxecto
  • Escoitar e indicar a cor que se di

 

KAHOOT DE REPASO DE NÚMEROS E PREPOSICIÓNS


Só son 10 preguntas de repaso destes dous elementos do vocabulario. A ver que tal vai a cousa.

Os dous kahoots estarán dispoñibles, coma de costume por unha semana, así que rematarán o:

Xoves, 21 de maio de 2020, ás 20:00


AMPLIANDO O NOSO XOGO DE MEMORY


E seguimos ampliando o noso xogo de memory, xa sabedes. Comezamos hai xa un mes a facer un xogo de memory, explícase nesta entrada, onde  iremos incorporando unha serie de vocabulario que traballamos na aula e que nos permite repasalo dun xeito divertido. Nesta ocasión iremos por utensilios da aula. 

A continuación deixo unhas fotografías cos utensilios de aula que imos a traballar e tamén o xeito no que fun facendo as tarxetas.

Cuadrícula de 5cm x 5cm
Incorporamos os seis novos elementos ao noso vocabulario
E xa temos as sesis palabras preparadas para xogar
Incorporamos os elementos



E nada, como de costume convídovos a que compartes comigo as fotografías dos vossos propios memory card game! E a xogar un pouco.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I