English VII
Venres, 22 de maio de 2020
E xa imos rematando a semana. Nesta ocasión teremos un pequeno repaso do vocabulario que vimos a semana pasada: utensilios da clase, tamén veremos un repaso de aspectos pasados: cores, números e preposicións. Por último teremos unha nova ampliación do noso xogo de memory.
Como xa vén sendo costume, o noso kahoot semanal, cos contidos vistos no xogo do memory da semana pasada, se centrará nos propios utensilios da clase. Este xa veu un pequeno avance na semana pasada ao seren empregados para traballar as cores. Así mesmo, para facelo un pouco máis desafiante, engadín novos obxectos que aprenderán nesta ocasión. Non debería resultar difícil, a por el!
Xa incorporábamos a semana pasada unha serie de preguntas centrados no vocabulario que vimos polo de agora e esta semana volvemos a repetir. Nesta ocasión, aos conceptos de números e preposicións tamén engadimos as cores. Cada vez imos sabendo máis e máis vocabulario!
Os dous kahoots estarán dispoñibles até:
Novamente, como xa facemos en cada semana, imos a ampliar o noso xogo de memory. Nesta ocasión nos centraremos nunha parte do vocabulario que está centrada na roupa en xeral. No libro de texto traballan estes conceptos asociados coa roupa de inverno, pero imos a amplialo un chisquiño máis. Así que nesta ocasión teremos a primeira entrega de roupa e a semana que vén veremos a segunda.
Como ben sabedes, nesta entrada podedes ver as instrucións de como fumos facendo as anteriores entregas do xogo de memory.
Agora póñovos unhas imaxes de como fun facendo a miña propia ampliación:
KAHOOT DE UTENSILIOS DA CLASE

KAHOOT REPASO DO VISTO ATÉ DE AGORA
Xa incorporábamos a semana pasada unha serie de preguntas centrados no vocabulario que vimos polo de agora e esta semana volvemos a repetir. Nesta ocasión, aos conceptos de números e preposicións tamén engadimos as cores. Cada vez imos sabendo máis e máis vocabulario!
Os dous kahoots estarán dispoñibles até:
O xoves, 28 de maio de 2020, ás 20:00
AMPLIACIÓN DO XOGO DE MEMORY
Novamente, como xa facemos en cada semana, imos a ampliar o noso xogo de memory. Nesta ocasión nos centraremos nunha parte do vocabulario que está centrada na roupa en xeral. No libro de texto traballan estes conceptos asociados coa roupa de inverno, pero imos a amplialo un chisquiño máis. Así que nesta ocasión teremos a primeira entrega de roupa e a semana que vén veremos a segunda.
Como ben sabedes, nesta entrada podedes ver as instrucións de como fumos facendo as anteriores entregas do xogo de memory.
Agora póñovos unhas imaxes de como fun facendo a miña propia ampliación:
Unha cuadrícula de 5cm x 5cm |
Incorporamos o vocabulario. Nesta ocasión son 4 palabras. |
E xa temos as nosas catro palabras preparadas |
Añadir leyenda |
E por último, despedirme e convidarvos a que me enviedes fotografías de como está a quedar o voso propio xogo de memory card!
Comentarios
Publicar un comentario