English VIII
Venres, 29 de maio de 2020
E xa chegamos á fin de semana. Imos a polo noso repaso de inglés. Hoxe teremos algunha novidade, pero tamén as habituais tarefas ás que xa estamos acostumadas e acostumados. As tarefas as divido en tres bloques: repaso do visto a semana pasada, repaso do visto até o de agora e preparación das actividades para a vindeira semana.
A semana pasada comezamos coa roupa e, como vos indicaba ía ampliar os vocablos que vimos no libro de pouco en pouco. A semana pasada vimos as catro primeiras prendas: hat, jumper, trousers e boots. O repaso que realizaremos será empregando tamén os contidos das cores. Os exercicios deste kahoot, polo tanto, tratarán de recoñecer as prendas apoiándonos das cores que teñan.
E as novidades...
Ademais, esta semana tráiovos unha novidade. Trátanse de fichas interactivas que podedes resolver a través de internet e, cando o teñades, envialo. Moi sinxelo.
En concreto teremos dúas fichas intereactivas, centradas ámbalas dúas no traballo dos obxectos da clase.
Para realizalas vos deixo dúas opcións: a primeira é que piquedes nos enlaces que vos deixo a continuación e o fagades na páxina de orixe en Liveworksheet ou, se seguides un pouco máis para abaixo o teredes incrustado no propio blog. Escollede o xeito que máis cómodo vos resulte; un consello que vos dou é que probedes a reducir o zoom da páxina para que vos entre toda na pantalla.
Cando a rematedes, tanto se o facedes no blog, como na páxina de orixe, deberedes pulsar o botón de: TERMINADO.
Tras isto, escolledes a opción de: enviar mis respuestas a mi profesor/a. Se escolledes a outra opción, vos dira
Despois de iso, completades os vosos datos e na parte na que vos pide un código de mestre, introducides o meu código de mestre: ons3bsitnb

Debedes pulsar este botón para enviar. Está abaixo de todo. |
Tras isto, escolledes a opción de: enviar mis respuestas a mi profesor/a. Se escolledes a outra opción, vos dira
Esta opción permíteme rexistrar os resultados. |
Despois de iso, completades os vosos datos e na parte na que vos pide un código de mestre, introducides o meu código de mestre: ons3bsitnb
Classroom objects (listen and join), una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Como é a primeira vez que emprego esta plataforma, se hai algunha dificultade, non dubidedes en contactarme.
Esta xa é a terceira versión destes repasos. Nesta ocasión será sobre: preposicións, cores, utensilios de clase e, por suposto, os números. Xa sabedes, poucas preguntas e intentando tocar tódolos conceptos do vocabulario aprendido. Imos aló.
E xa sabedes, os dous kahoot estarán dispoñibles unha semana, así que podedes facelos tantas veces como queirades até:
E xa sabedes, os dous kahoot estarán dispoñibles unha semana, así que podedes facelos tantas veces como queirades até:
Xoves, 4 de xuño de 2020, ás 20:00
AMPLIANDO O XOGO DE MEMORY
Coma tódalas semanas, teremos unha nova ampliación do noso xogo de memory, centrándose nesta ocasión nos obxectos de clase que vimos a semana pasada e que aínda non temos incorporados ao noso xogo de mesa.
Así que, como de costume indícovos a entrada na que se atopan as instrucións para realizar as tarxetas.
A continuación, déixovos unhas fotografías nas que poderedes ver cales son as palabras e cal foi o proceso de creación desta nova ampliación.
E, por suposto, finalizamos cunha recomendación musical. Que tal un pouco de zombis? -un dos seus temas favoritos deste ano-.
Comentarios
Publicar un comentario