Venres, 17 de abril de 2020 Bos días familias. Esta mesma mañá contactou con nós a inspección educativa para comunicarnos varios aspectos importantes con respecto ao desenvolvemento da terceira avaliación: A volta ás aulas semella difícil e aínda non se pode saber cando poderemos facelo. O avance na materia non está prohibido, tampouco é obrigatorio. Nos deixan a decisión a nós. Tamén nos insisten en que aínda que decidamos continuar co curso, se o alumnado non segue as actividades non podemos penalizalas de ningún xeito . A avaliación se realizará coa información recadada ata o inicio da corentena e como moito podemos valorar positivamente o traballo realizado dende os fogares, nunca negativamente. Ademais esta valoración positiva sería sempre polo interés mostrado, non pola calidade do traballo en si. Libros de texto. Non existe unha directriz clara sobre que deberemos facer ao respecto. Dinnos que non se opoñerán ao que decidamos. Neste sentido parece que a prote...
Comentarios
Publicar un comentario