Lingua galega VI


Bos días! Que tal levades a semana?
Hoxe imos escoitar o conto de Artur e Clementina, unha parella de tartarugas que teñen unha visión distinta do que é o amor romántico.

Artur e Clementina. Kalandraka Tv



A continuación collede lapis e papel que imos contestar unhas preguntas sobre o conto:

● Como é Clementina?

● Por que cres que Clementina non era feliz?
● Como é Artur?
● Se ti foras Clementina que farías?
● Fai dous debuxos, un da cando Clementina vivía con Artur, e outro cando marchou polo mundo libre. Que debuxo che gusta máis?

As emocións e os sentimentos forman parte da nosa vida diária da mesma maneira que o bo trato a todas as persoas.
Podes facer as seguintes fichas onde falamos dos estados de ánimo e o bo trato.


Para rematar escoitade a canción "Chea de vida" de Guadí Galego.


Que pasedes bo día!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I