Matemáticas VI
Luns, 11 de maio de 2020
E xa comezamos unha nova semana máis neste mes de maio. Nesta ocasión teremos tres actividades principais de matemáticas: unha serie de operacións, uns poucos reloxos para a súa lectura e tamén un pouco de cálculo mental.
Comezaremos polas operacións de suma e resta. Xa sabedes, agora veñen todas misturadas. Nesta ocasión serán quince operacións que deberemos primeiro realizar nun caderno e despois introducir os resultados no kahoot. Imos aló!
15 + 82 =
45 - 34 =
65 + 15 =
56 + 18 =
58 - 14 =
58 - 36 =
17 + 62 =
36 + 63 =
54 + 39 =
26 - 15 =
25 + 37 =
78 - 75 =
11 + 29 =
85 - 80 =
82 + 18 =
Despois das nosas operacións semanais, imos cun pouco de reloxos. Preparei un kahoot como o anterior, comeza cunha explicación de como se len as horas e teredes que ler a hora nun total de 10 reloxos. Ademais, tamén haberá cinco reloxos de verdadeiro e falso. Aínda así, por se queredes repasar xusto antes de comezar, déixovos aquí un vídeo que xa puxen na anterior entrega de reloxos.
Por último, un pouco de cálculo mental. Nesta ocasión serán nove operacións. A semana pasada comezamos con esta nova actividade na que hai operacións moi sinxelas -sempre con ceros e que se resolven ao colocar os números- que deben facerse de cabeza utilizando o kahoot o máis rápido posible. Lembrade que podedes entrar a facelo cantas veces queirades para coller máis práctica!

Comentarios
Publicar un comentario