Matemáticas VIII

Luns, 25 de maio de 2020

E comezamos unha semana máis. Imos a polas matemáticas! 

Pitágoras tamén fixo moitas sumas e restas no seu día.


Nesta ocasión teremos as nosas operacións habituais, tamén teremos uns poucos problemas máis -na entrada anterior explico cal será a mellor metodoloxía para traballar coa resolución de problemas en casa- e tamén poderemos facer de novo un exercicio de cálculo mental, que como vén sendo costume se irá dificultando pouco a pouco. 

KAHOOT DE OPERACIÓNS DE SUMA E RESTA

12 + 77 =
56 - 15 =
65 + 33 =
45 + 16 =
17 + 75 =
96 + 4 =
86 - 15 =
47 - 37 =
70 + 18 =
56 - 24 =
56 + 45 =
49 - 44 =
33 + 19 =
24 + 27 =
23 + 24 + 25=

Xa sabedes, primeiro as facemos nun caderno e despois empregamos o kahoot para comprobar se o resultado é o correco. Ánimo!


KAHOOT DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS


Como vos indicaba antes, na entrada anterior podemos ver como realizar este tipo de exercicios. Aínda así, lémbrovos o importante que resulta que a rapaza ou rapaz comprenda primeiro de que vai o problema antes de poder facelo, se a súa lectura aínda non é 100% autónoma precisará un pouco de axuda nese terreo. Unha vez o comprenda xa pasades a que o razoen no xeito que mellor lles veña: habitualmente emprego o debuxo ou manexo de materiais para que "vexan" as cantidades. E por último resolvemos as operacións. 

Nesta ocasión teremos tres problemas. O kahoot conterá, igual que a semana pasada, unha serie de preguntas previas á resolución do problema para centrar a atención sobre aspectos do enunciado. Imos aló:

Problema 1

Pedro, Maruxa y Ámber están sentadas en el mismo grupo de clase. Van a hacer una caja común con ceras. Pedro tiene 10 ceras, Maruxa tiene 15 ceras y Ámber tiene 8 ceras. ¿Cuántas ceras tienen en total?

Problema 2

Paula tiene gallinas en casa. Ayer tenía 18 gallinas, pero parece ser que de noche 5 decidieron marcharse. ¿Cuántas gallinas tiene Paula esta mañana?

Problema 3

Patricia ha empezado una colección de hojas de árbol. En su primer paseo consiguió 7 hojas. En el segundo paseo consiguió 18 hojas. En el tercer y último paseo recogió 23 hojas. ¿Cuántas hojas tiene ahora en su colección?

E por último, temos con nós:

KAHOOT DE CÁLCULO MENTAL


Xa sabedes, nada de papel, só a cabeza para facer estas operacións de suma e, por primeira vez, resta de cabeza. Moita atención ao signo da operación! E xa sabedes, tedes toda a semana para intentar superarvos.

Tódolos kahoots desta entrada estarán dispoñibles ata o próximo:

Domingo, 31 de maio de 2020, ás 20:00

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I