Venres, 17 de abril de 2020 Bos días familias. Esta mesma mañá contactou con nós a inspección educativa para comunicarnos varios aspectos importantes con respecto ao desenvolvemento da terceira avaliación: A volta ás aulas semella difícil e aínda non se pode saber cando poderemos facelo. O avance na materia non está prohibido, tampouco é obrigatorio. Nos deixan a decisión a nós. Tamén nos insisten en que aínda que decidamos continuar co curso, se o alumnado non segue as actividades non podemos penalizalas de ningún xeito . A avaliación se realizará coa información recadada ata o inicio da corentena e como moito podemos valorar positivamente o traballo realizado dende os fogares, nunca negativamente. Ademais esta valoración positiva sería sempre polo interés mostrado, non pola calidade do traballo en si. Libros de texto. Non existe unha directriz clara sobre que deberemos facer ao respecto. Dinnos que non se opoñerán ao que decidamos. Neste sentido parece que a prote...
Venres, 17 de abril de 2020 Imos a polo inglés da semana. Onte comunicou a Ministra de Educación que o terceiro trimestre sería unha continuación e reforzo do xa visto ata o de agora. Dentro da asignatura de inglés isto ímolo traducir en dous puntos: Continuación co inicio ao recoñecemento lector en inglés. Creación e consolidación do vocabulario visto. Para chegar a acadar estes dous obxectivos imos a propoñer actividades semanais que poredes seguir dende casa, así mesmo, deste xeito volvo a recomendarvos o uso dalgunha destas aplicacións para móbil que analicei neste artigo durante as vacacións. Esta semana imos a centrarnos na consolidación do vocabulario de números e xa nos prepararemos para a semana que vén dar un salto a un novo campo léxico. Para o traballo dos números esta semana vos presento dous xogos en liña e unha manualidade para facer un xogo en casa. PLAYING ONLINE! Xogo de repaso dos números do 1 ao 20 Xogo de inicio á lectura dos números ...
Mércores, 22 de abril de 2020 De novo nos diriximos a vós para procurar un pouco máis de información ao respecto de como están a ser estes días de corentena nos vosos fogares. Neste caso preparamos dende o CEIP Manuel Respino un formulario que nos permita coñecer como é a situación no que respecta á conectividade a internet e as posibilidades de acceso reais aos contidos que levamos subindo dende que comezou esta situación. Esta información nos será moi útil para poder preparar informes da conectividade, pero tamén para poder mellorar a resposta e a atención aos vosos fillos e fillas. O informe é individual por alumna ou alumno. Iso quere dicir que se tedes máis de un fillo ou filla matriculados no CEIP Manuel Respino, deberedes contestar varias veces, unha vez por cada filla ou fillo. Hai moitas respostas que son iguais, pero tamén haberá diferenzas que queremos coñecer en detalle para prestar un mellor servizo. Dende este enlace poderedes acceder ao fo...
Comentarios
Publicar un comentario