Venres, 5 de xuño de 2020 E xa chegamos ao final da semana e coma sempre, teremos a nosa ración de English. Nesta ocasión, faremos un gran repaso do traballado até de agora, centrándonos especialmente nos obxectos da clase. Para todo isto teremos un kahoot de repaso xeral: preposicións, números, cores e roupa e, a parte, faremos unha serie de exercicios dos obxectos da aula en liveworksheets. Así mesmo, tamén teremos unha nova ampliación do noso xogo de mesa: memory card . Así que, sen máis demora, imos aló! KAHOOT DE REPASO Primeiro o kahoot de repaso cos conceptos de número, preposición, cores e a roupa. Xa sabedes como funciona, así que ánimo e a por el! Como é costume o kahoot estará dispoñible por unha semana, así que podedes facelo tantas veces como queredes até: Xoves, 11 de xuño de 2020, ás 20:00 REPASO DOS OBXECTOS DA CLASE Volveremos a ter un liveworksheet. Nesta ocasión un bastante longo con moitas actividades incorporadas. Lembrade que para...
Comentarios
Publicar un comentario