Ciencias IX
Mércores, 10 de xuño de 2020
Imos a polas ciencias desta semana. Nesta ocasión centrarémonos nas ciencias sociais e no que se refire ao tempo atmosférico. Polo menos nos seus aspectos máis básicos. Ademais, para que a rapazada xogue un pouco tamén incluirei un kahoot de animais vertebrados que sei que lles gusta moito.
Así que, sen máis... Imos aló!
KAHOOT DO TEMPO ATMOSFÉRICO
Nesta ocasión repasaremos as condicións do tempo atmosférico en galego que tamén nos dará un montón de palabras que seguramente non coñecemos. Primeiro haberá unha serie de explicacións, despois pasaremos a unhas preguntas de verdadeiro e falso e, despois, entramos na hora da verdade onde haberá catro opcións a escoller.
KAHOOT DE ANIMAIS VERTEBRADOS
Nada que dicir... Xa debedes de ser todos uns mestres e mestras en animais vertebrados! Adiante.
Os dous kahoots estarán dispoñibles por unha semana, coma de costume. Polo que podedes intentalo cantas veces queirades para intentar, de cada vez, facelo mellor. Dispoñible ata:
Martes, 16 de xuño de 2020, ás 20:00
E para rematar, unha recomendación musical. Xa sabedes que as recomendacións que temos tido por aquí van dende o máis ruidoso e agresivo, pasando por música máis actual, cancións infantís e tamén o todo poderoso jazz... Pero o que vos traio hoxe é música ambiental. De feito, unha das que poño moi habitualmente para traballar. Espero que vos guste.
Comentarios
Publicar un comentario