English IX

Venres, 5 de xuño de 2020


E xa chegamos ao final da semana e coma sempre, teremos a nosa ración de English. Nesta ocasión, faremos un gran repaso do traballado até de agora, centrándonos especialmente nos obxectos da clase. Para todo isto teremos un kahoot de repaso xeral: preposicións, números, cores e roupa e, a parte, faremos unha serie de exercicios dos obxectos da aula en liveworksheets. Así mesmo, tamén teremos unha nova ampliación do noso xogo de mesa: memory card. Así que, sen máis demora, imos aló!


Primeiro o kahoot de repaso cos conceptos de número, preposición, cores e a roupa. Xa sabedes como funciona, así que ánimo e a por el!

Como é costume o kahoot estará dispoñible por unha semana, así que podedes facelo tantas veces como queredes até:

Xoves, 11 de xuño de 2020, ás 20:00


REPASO DOS OBXECTOS DA CLASE


Volveremos a ter un liveworksheet. Nesta ocasión un bastante longo con moitas actividades incorporadas. Lembrade que para poder envialo tedes que empregar un código do mestre, que no meu caso é:

ons3bsitnb




Classroom objects, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com

No caso de que non funcione o incrustado ou vos resulte máis cómodo facelo noutro lugar, aquí tedes o enlace:

Enlace a Classroom objects


Para finalizar o repaso de obxectos de aula tedes aquí unha. É móito máis básica que a anterior e complementa os exercicios de escoitar que tamén aparecían antes. Ánimo!
 



No caso de que non funcione o incrustado ou vos resulte máis cómodo facelo noutro lugar, aquí tedes o enlace:

Enlace a Classroom objects - Listen an join

AMPLIANDO O XOGO DE MEMORY


Esta semana volvemos a ampliar o noso xogo de memory card, e continuaremos co camiño que abrimos hai un par de semanas, coas prendas da roupa. Nesta ocasión veremos roupas un pouco máis frescas para a calor que nos vai comezar a chegar neste mes.

Coma e costume, lembrarvos que as instrucións xerais de como xogar a este xogo e de como construílo están nesta entrada. Tamén vos deixo unha serie de fotografías para que vexades que palabras fun incorporando nesta ocasión.





E nada, só me queda despedirme cun clásico do mundo do Jazz que non paro de escoitar nestes días de confinamento. Espero que vos anime tamén, non hai nada como Louis Satchmo Armstrong para entrar en modo optimismo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I