Matemáticas IX

Luns, 1 de xuño de 2020


Bos días e comezamos o último mes do curso: o mes de xuño, adicado a Xuno, deusa das colleitas -entre outras moitas cousas-. E con este mes comezamos a colleitar todo canto fixemos ao longo do curso. Ou iso fariamos de estar en situacións normais, así que imos a continuar coa nosa nova rutina de traballo e de agardar a que isto pase todo o rápido que podemos.

Comezamos... coma de costume, no menú teremos unhas poucas operacións, problemas e cálculo mental; ademais, tamén teremos un pequeno repaso de reloxos que sei que é un deses contidos complicados. Sen máis dilación, imos aló! Que hoxe temos o carro ben cargadiño de tarefas.

OPERACIÓNS DE SUMA E RESTA


a) 20 + 21 =
b) 45 - 34 =
c) 56 + 15 =
d) 89 + 9 =
e) 98 - 71 =
f) 59 - 33 =
g) 15 + 72 =
h) 58 + 41 =
i) 45 + 21 =
j) 58 - 36 =
k) 27 + 48 =
l) 85 - 14 =
m) 24 + 27 =
n) 15 + 37 + 19 =
ñ) 35 + 22 + 17 =

PROBLEMAS


Imos a pola terceira semana de problemas. Nesta ocasión teremos tres novos problemas, sinxelos de suma e resta. A miña recomendación á hora de facelos é que, se podedes, abrades varias páxinas no explorador para que poidades consultar o enunciado en todo momento ao longo das preguntas. Tamén se pode copiar o enunciado se vedes que a rapaza ou o rapaz se ergueu hoxe cun ánimo férreo. Unha última opción é que fotografiedes co móbil o enunciado do problema. Deste xeito será máis sinxelo contestar as preguntas. 

Problema 1

Uxía y Elsa van a comprar cromos al quiosco. Uxía compra 16 cromos y Elsa compra 25 cromos. Como quieren empezar una colección juntas, deciden juntar los paquetes. ¿Cuántos cromos tienen ahora las dos juntas en total?

Problema 2

Liam y Jorge están jugando a las canicas contra dos niños. Liam y Jorge tenían, antes de jugar 45 canicas, pero como han ganado 13 canicas nuevas esta tarde, ¿cuántas canicas tienen ahora Liam y Jorge?

Problema 3

Laia y Martín han estado toda la tarde de paseo y jugando, justo cuando se van para casa deciden comprar un helado. Tienen 14 euros y los helados valen 4 euros, ¿cuánto dinero les queda?

CÁLCULO MENTAL


Non podía faltar. Xa sabedes, nove operacións sinxelas -sen levadas- de suma e resta para espertar a capacidade de manexar números na cabeza. A ver que tal sae. En caso de querer se pode repetir tantas veces como queirades para ir mellorando pouco a pouco.

RELOXOS


Hoxe faremos un lixeiro repaso dos reloxos, para acabar de dominalos completamente!

Os kahoots estarán subidos, coma de costume, por unha semana, así que xa sabedes, poderedes facelos tantas veces como queirades ata o día:

Domingo, 7 de xuño de 2020, ás 20:00

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Libros de santillana gratis

Mes das letras II

Mes das letras I