Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2020

Lingua galega I

Imaxe
Martes, 31 de marzo de 2020 Seguimos coa semana e hoxe imos traballar coa nosa fermosa lingua. Os martes a lingua galega será o vehículo das nosas aprendizaxes. A continuación adxúntovos un conto. Escoita atentamente. Despois de escoitalo as veces que queiras, colle papel e lapis para facer unhas actividades. 1. Contesta: - Como se chama a cadeliña? - Que quere comer o hipopótamo? - Quen fai tremer a sabana? 2. Escribe o nome dos animais que aparecen no conto. 3. Debuxa o teu animal preferido da sabana. Despois deste duro traballo toca desfrutar cun reto . A profe Miriam, do CEIP Plurilingüe de Monterroso, falou co humorista  Carlos Blanco e contoulle o ben que o estades facendo os nenos e nenas durante a corentena.  Que vos parece o reto? Se vos gusta podedes levalo a cabo e mandarnos os vosos chistes. Como xa sabedes non podemos publicar as vosas imaxes,  pero si que nos gustaría ver os vosos vídeos contándonolos a nós. E por último ...

Matemáticas I

Imaxe
Luns, 30 de marzo de 2020 E comezamos a semana: luns, o día da lúa... e a partires de agora, das matemáticas tamén. Sendo consciente das dificultades para acceder todo o mundo a un ordenador no que realizar actividades, vou a facer dúas propostas: unha en papel e lapis, como se fixo sempre; e outras dixitais que son autocorrexibles. Instrucións de uso: nin hai que facelas todas, nin hai que facer estas, nin son todas estas as que se pode facer.  Tarefas en papel   En entrantes temos, sumas sen levadas .  Para axilizar a mente e lembrarnos de que non todo é sufrimento nesta vida. Así que, a sacarlle o po a eses dedos, lápices ou calquera outro obxecto que se poida contar! Cando copiedes as operacións, lembrade que a colocación é o máis importante do mundo. Unidades debaixo de unidades e decenas debaixo de decenas . 34 + 54 = 25 + 41 = 82 + 17 = 40 + 15 = 10 + 12 = 21 + 12 =  23 + 21 = 32 + 45 = 10 + 1 = ...

Rosa contra o virus

Imaxe
Este conto vainos ensinar a loitar contra este "becho" que non nos deixa saír da casa. Domingo, 29 de marzo de 2020 Rosa contra el virus

Tempos de casa, tempos de blog...

Imaxe
Domingo, 29 de marzo de 2020 Hai unhas semanas isto parecía unha broma pesada, agora é unha realidade molesta. Pero unha realidade á que hai que adaptarse.  Dende o día 1 de confinamento o profesorado, non só o da Rúa -volo podo asegurar-, estivemos volvéndonos tolos para atopar unha fórmula para chegar ao noso alumnado, sen saturar ás familias, que fose accesible a todo o mundo e que nos permitise seguir cunha falsa normalidade. Non vou dicir se acertamos ou fallamos, pero aínda seguimos na procura de algo que nos axude mellor. Neste sentido, a profe Silvia tivo a idea de facer un blogue para primeiro de primaria no que, de forma diaria, vaiamos compartindo xa non só tarefas, se non tamén actividades, iniciativas e xogos que axuden a levar isto o mellor que se pode.  Así que, aquí o está. Aberto para vós as 24 horas do día os 7 días da semana e o tempo que isto precise, ata que volvamos a vivir unha vida perfectamente aburrida.  Silvia: silvia.fernand...

Semana 2 de confinamento

Imaxe
Actualización 30/3/2020. Esta entrada foi publicada a semana pasada na páxina web do centro , pero para unificar todo o noso traballo imos a republicala no novo blogue.  Luns 23 de marzo de 2020 Que tal van eses ánimos? Esperamos que ben. Esta semana temos preparadas unha batería de actividades. Debido a que nós tamén estamos lonxe do centro e non podemos consultar materiais impresos de referencia, desta vez primamos o uso de actividades en liña e descargables. Vos deixamos varios enlaces aquí abaixo para que decidades que actividades realizades co alumnado, lembrade que non son obrigatorias e que non se trata de facer exactamente isto, senón que son orientativas para que no caso de que así o decidades as modifiquedes e cambiedes ao voso gusto e ao nivel do neno ou nena. Tamén vos queriamos facer unha recomendación tecnolóxica. Resulta que os tradicionais cadernos Rubio lanzaron unha aplicación para móbiles e táblets que está bastante ben, pode ser unha boa for...

Semana 1 de confinamento

Imaxe
Actualización 30/3/2020. Esta entrada foi publicada a semana pasada na páxina web do centro , pero para unificar todo o noso traballo imos a republicala no novo blogue.   Venres, 13 de marzo de 2020 MATEMÁTICAS: ACTIVIDADE 1 ACTIVIDADE 2 ACTIVIDADE 3 ACTIVIDADE 4 ACTIVIDADE 5 LENGUA : ACTIVIDADE 1 ACTIVIDADE 2 ACTIVIDADE 3 ACTIVIDADE 4 ACTIVIDADE 5