Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

This is the end...

Imaxe
Sábado, 20 de xuño de 2020 Toca á súa fin o curso máis raro que imos vivir. Pero isto non é o final de todo, aínda temos para vós uns vídeos nos que poder vernos as caras e poder despedirnos do mellor xeito posible. Esperamos de verdade que poidades ter un verán marabilloso. Este blog permanecerá aberto ata que blogger decida retiralo e non sabemos se iso chegará a suceder nunca, así que, como se fose unha pequena porta, sempre a teremos aberta para vós. E, ademais, tamén preparei para vós un vídeo (lixeiramente desenfocado) no que despedirme. Espero que vos guste e... ATA SEMPRE!

English XI

Imaxe
Venres, 19 de xuño de 2020 E xa chegamos ao final do curso. Poida que sexa o curso máis raro que tiven que vivir e, probablemente, sexa o máis raro de tódolos que me quedan tamén por diante. Aínda así, nestes últimos meses creo que traballamos bastante e no que se refire ao inglés, creo que os obxectivos están bastante ben acadados se seguistes o traballo ata aquí mesmo.  Hoxe teremos só unha actividade de repaso das emocións que traballamos a semana pasada e, con iso, nos despedimos do inglés por este curso.  KAHOOT EMOCIÓNS O kahoot estará dispoñible, coma de costume, por toda a semana habitual. Así que poderedes facelo ata o vindeiro: Xoves, 25 de xuño de 2020, ás 20:00 Estes meses traballamos un montón, facendo todo tipo de actividades e estou seguro que vós mesmos e mesmas notastes unha melloría incrible nas tarefas que vos mandaba. Así que, para que o comprobedes, déixovos unha recopilación de kahoots que fixestes por se queredes volver a pro...

Lengua castellana IX

Imaxe
Hoy en el último día de lengua castellana y lo vamos a celebrar con un género literario muy divertido: el comic. Hay comics para todos los gustos, de superhéroes, de aventuras o de humor, pero cuando empezamos a leer resultan un poco complicados debido al tamaño y el tipo de letra. ¡ No tiréis la tolla que en breves seréis capaces de leer todo lo que os guste! De momento nos conformamos con que los disfrutéis en dibujos y para eso os dejamos a "Tintín" y "Los pitufos" , dos cómics clásicos que hacen las delicias de mayores y niños.

Ciencias X

Imaxe
Mércores, 17 de xuño de 2020 Chegamos ao final deste curso tamén no que ás ciencias se refire. Tendo en conta que xa estamos finalizando, preparei unha serie dos kahoot que máis vos gustaron. Teremos un pouco de todo: corpo humano, partes do día, días da semana, meses, animais vertebrados... Todo canto traballamos! Os kahoot estarán abertos durante todo o que queda de mes. Por suposto, son voluntarios, coma todos, pero estes máis ca nunca. A idea é que pasedes un rato intentando superarvos e poñendo a proba todo canto sabedes. A por eles! Tódolos kahoots estarán dispoñibles ata a data máxima na que me deixou publicalos: 8 de xullo de 2020 KAHOOT DO CORPO HUMANO KAHOOT PARTES DO DÍA KAHOOT DE MESES, SEMANAS E DÍAS KAHOOT ANIMAIS VERTEBRADOS KAHOOT TEMPO METEREOLÓXICO A dar un par de botes pola casa... A recomendación musical de hoxe resulta indescritible, só hai que deixarse levar e pensar que xa queda menos.

Lingua galega XI

Imaxe
Bos días! Estamos na última semana de clase e hoxe para despedirnos da lingua galega non imos facer fichas ni escoitar contos. Propoñemos varias cancións populares galegas, versionadas dunha maneira moi divertida e diferente.  A música é unha parte moi importante na nosa cultura, e empregar cancións populares fai que todos sexamos partícepes do pasado, do presente e do futuro da nosa lingua. Esperamos que desfrutedes cantando e bailando!

Matemáticas XI

Imaxe
Luns, 15 de xuño de 2020 Imos a polas matemáticas semanais que nos corresponden. Sendo esta xa a última vez que as traballaremos. Ao longo destes meses traballamos un montón e avanzamos moitísimo nas nosas destrezas de cálculo. Espero que disfrutedes moito da última tandada de actividades matemáticas. Ánimo! Para despedirnos teremos un mix de tódalas actividades que vismo: operacións, problemas, reloxos e cálculo mental. KAHOOT DE OPERACIÓNS Coma de costume, 15 operacións que irán dende as sumas sen levadas ás sumas con levadas e pasando polas restas. O habitual, facémolas nunha folla e despois contestamos no kahoot. Estas son: a) 12 + 77 = b) 56 - 15 = c) 65 + 33 = d) 45 + 16 = e) 17 + 75 = f) 96 + 4 = g) 86 - 15 = h) 47 - 37 = i) 70 + 18 = j) 56 - 24 = k) 56 + 45 = l) 49 - 44 = m) 33 + 19 = n) 24 + 27 = ñ) 23 + 24 + 25= KAHOOT PROBLEMAS Nesta ocasión teremos tres problemas. Xa sabedes, unha recomendación que vos fago é ...

English X

Imaxe
Venres, 12 de xuño de 2020 E unha semana máis que se acaba e coma de costume, o noso inglés semanal.Hoxe imos a realizar un pequeno repaso ao visto a semana pasada coa segunda parte das prendas de roupa -a través dun kahoot e tamén con fichas de liveworksheet-, tamén realizaremos un repaso xeral a todo o visto polo de agora e, para finalizar, unha ampliación do noso xogo de mesa de inglés: memory card game .  Comezamos? Para entrar en calor un pouco de roupa no noso menú.  KAHOOT DE PRENDAS DE ROUPA II Segunda parte das prendas de roupa, repasaremos tamén de paso as da primeira ocasión e incorporaremos algunha nova. Con isto damos por finalizado o apartado de roupa. Ademais, teremos un par de fichas de liveworksheets. Xa sabedes como funcionan, pero lembrade que cando rematedes debedes indicar o nome e apelidos, curso e introducir o meu código de mestre. O meu código é: ons3bsitnb Clothes - Read and choose , una ficha interactiva de MeritESLReso...

Lengua castellana VIII

Imaxe
¡ Buenos días! Hoy vamos a escuchar un cuento muy divertido que nos ayuda a conocer todas las letras del abecedario. Se llama "Las alas del abecedario" y nos enseña un ave por cada letra del abecedario. "Las alas del avecedario" Antonio Rubio. A continuación vamos a trabajar algunas de las letras más difíciles.

Ciencias IX

Imaxe
Mércores, 10 de xuño de 2020 Imos a polas ciencias desta semana. Nesta ocasión centrarémonos nas ciencias sociais e no que se refire ao tempo atmosférico. Polo menos nos seus aspectos máis básicos. Ademais, para que a rapazada xogue un pouco tamén incluirei un kahoot de animais vertebrados que sei que lles gusta moito. Así que, sen máis... Imos aló! KAHOOT DO TEMPO ATMOSFÉRICO Nesta ocasión repasaremos as condicións do tempo atmosférico en galego que tamén nos dará un montón de palabras que seguramente non coñecemos. Primeiro haberá unha serie de explicacións, despois pasaremos a unhas preguntas de verdadeiro e falso e, despois, entramos na hora da verdade onde haberá catro opcións a escoller. KAHOOT DE ANIMAIS VERTEBRADOS Nada que dicir... Xa debedes de ser todos uns mestres e mestras en animais vertebrados! Adiante. Os dous kahoots estarán dispoñibles por unha semana, coma de costume. Polo que podedes intentalo cantas veces queirades para intentar, de cada vez, ...

Lingua galega X

Imaxe
Bos días! Xa estamos na recta final do curso e imos todos moi cansados, pero non vos preocupedes, hoxe imos ver e escoitar un conto moi divertido, que nos axuda a pensar que todo o malo se pode convertir en bo se o desexamos. Orellas de bolboreta. Kalandraka TV. A continuación debúxate a ti mesmo e fai como Mara, convirte algo que non che guste do teu corpo en algo divertido. Para rematar, se segues con ánimos, podes facer unas fichas de repaso.

Matemáticas X

Imaxe
Luns, 8 de xuño de 2020 Bos días, encaramos a segunda semana de xuño e temos a nosa ración de matemáticas para acabar de desconectar da fin de semana e entrar con forzas na rutina. Aló imos! No noso menú diario teremos o noso primeiro plato de operacións, a continuación un segundo plato de problemas e, de postre, un pouco de cálculo mental. Espero que o disfrutedes. KAHOOT OPERACIÓNS Coma de costume, 15 operacións que irán dende as sumas sen levadas ás sumas con levadas e pasando polas restas. O habitual, facémolas nunha folla e despois contestamos no kahoot. Estas son: a) 78 - 58 = b) 65 + 33 = c) 25 + 18 = d) 18 - 16 = e) 56 + 15 = f) 65 - 24 = g) 45 - 34 = h) 53 - 33 = i) 19 + 18 = j) 57 + 42 = k) 65 + 15 = l) 29 + 58 = m) 45 + 16 = n) 48 + 21 = ñ) 54 + 39 = KAHOOT PROBLEMAS Xa é un habitual na nosa entrada matemática dos luns. Nesta ocasión teremos catro problemas. Problema 1 Carlota y Olivia están jugando un partido de ba...

English IX

Imaxe
Venres, 5 de xuño de 2020 E xa chegamos ao final da semana e coma sempre, teremos a nosa ración de English. Nesta ocasión, faremos un gran repaso do traballado até de agora, centrándonos especialmente nos obxectos da clase. Para todo isto teremos un kahoot de repaso xeral: preposicións, números, cores e roupa e, a parte, faremos unha serie de exercicios dos obxectos da aula en liveworksheets. Así mesmo, tamén teremos unha nova ampliación do noso xogo de mesa: memory card . Así que, sen máis demora, imos aló! KAHOOT DE REPASO Primeiro o kahoot de repaso cos conceptos de número, preposición, cores e a roupa. Xa sabedes como funciona, así que ánimo e a por el! Como é costume o kahoot estará dispoñible por unha semana, así que podedes facelo tantas veces como queredes até: Xoves, 11 de xuño de 2020, ás 20:00 REPASO DOS OBXECTOS DA CLASE Volveremos a ter un liveworksheet. Nesta ocasión un bastante longo con moitas actividades incorporadas. Lembrade que para...

Ciencias VIII

Imaxe
Mércores, 3 de xuño de 2020 Benvidas e benvidos ao noso primeiro mércores de xuño. Hoxe toca repasar o corpo humano e, en concreto, os sentidos. Ademais, imos aproveitar a ocasión para repasar o que vimos hai unhas semanas coas partes do corpo.  Primeiro o repaso, a ver que tal vos sae. Debería saír mellor que a última vez. Preparadas, preparados... imos aló! KAHOOT O CORPO HUMANO E agora centrarémonos no modo en que comprendemos o mundo que nos arrodea: a través dos sentidos. O noso corpo é un organismo moi complexo e presenta moitas partes que nos permite exercer a nosa vida diaria. Os sentidos son a parte que nos facilita coñecer o mundo e poder actuar nel. Imos a repasar o que sabemos dos sentidos e os órganos que están relacionados con eles.  KAHOOT DE OS SENTIDOS Os kahoot, coma de costume, estarán dispoñible por unha semana. Así que poderedes intentar a facelos ou repetilos tantas veces coma queirades até: Martes, 9 de xuño de 2020, ás 2...

Lingua galega IX

Imaxe
Bos días! Hoxen lingua galega imos repasar as profesións. Primeiro escoitaremos o conto de "Paco Papán" , onde o seu protagonista leva a cabo varias profesións sen moito éxito. A continuación tedes dous enlaces con fichas para recordar os traballos. A que se adica? O lugar de traballo. Outra actividade que nos gustaría que fixérades é que debuxedes a vosa profesión preferida ou que vos gustaría ser de adultos. Por último escoitamos unha canción que nos fala do mercado, o lugar a onde imos comprar e no cal nos atenden tendeiros e tendeiras.

Matemáticas IX

Imaxe
Luns, 1 de xuño de 2020 Bos días e comezamos o último mes do curso: o mes de xuño, adicado a Xuno, deusa das colleitas -entre outras moitas cousas-. E con este mes comezamos a colleitar todo canto fixemos ao longo do curso. Ou iso fariamos de estar en situacións normais, así que imos a continuar coa nosa nova rutina de traballo e de agardar a que isto pase todo o rápido que podemos. Comezamos... coma de costume, no menú teremos unhas poucas operacións, problemas e cálculo mental; ademais, tamén teremos un pequeno repaso de reloxos que sei que é un deses contidos complicados. Sen máis dilación, imos aló! Que hoxe temos o carro ben cargadiño de tarefas. OPERACIÓNS DE SUMA E RESTA a) 20 + 21 = b) 45 - 34 = c) 56 + 15 = d) 89 + 9 = e) 98 - 71 = f) 59 - 33 = g) 15 + 72 = h) 58 + 41 = i) 45 + 21 = j) 58 - 36 = k) 27 + 48 = l) 85 - 14 = m) 24 + 27 = n) 15 + 37 + 19 = ñ) 35 + 22 + 17 = PROBLEMAS Imos a pola terceira semana de problemas. ...