English VIII
Venres, 29 de maio de 2020 E xa chegamos á fin de semana. Imos a polo noso repaso de inglés. Hoxe teremos algunha novidade, pero tamén as habituais tarefas ás que xa estamos acostumadas e acostumados. As tarefas as divido en tres bloques: repaso do visto a semana pasada, repaso do visto até o de agora e preparación das actividades para a vindeira semana. KAHOOT PRENDAS DE ROUPA A semana pasada comezamos coa roupa e, como vos indicaba ía ampliar os vocablos que vimos no libro de pouco en pouco. A semana pasada vimos as catro primeiras prendas: hat, jumper, trousers e boots . O repaso que realizaremos será empregando tamén os contidos das cores. Os exercicios deste kahoot, polo tanto, tratarán de recoñecer as prendas apoiándonos das cores que teñan. E as novidades... Ademais, esta semana tráiovos unha novidade. Trátanse de fichas interactivas que podedes resolver a través de internet e, cando o teñades, envialo. Moi sinxelo. En concreto teremos dúas ficha...