Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Día festivo - Información importante música

Imaxe
Xoves, 30 de abril de 2020 Bos días familias. Hoxe estamos de festivo no CEIP Manuel Respino de A Rúa. Este foi un dos dous días que escollimos como festivo local -xa vedes que festa temos-. Polo tanto, hoxe non disporemos de actividades lectivas.  Aínda así, mañá, co inicio do mes de maio, temos unha sorpresa para vós . Non vola perdades.  Tamén aproveito a ocasión para informarvos de que a mestra Luísa preparou unha serie de actividades de música que están dispoñibles na súa parte da páxina web do centro. Están organizadas por niveis. Calquera dúbida podedes dirixirvos a nós ou a ela directamente.Déixovos aquí o enlace: ACTIVIDADES DE MÚSICA

Ciencias III

Imaxe
Mércores, 29 de abril de 2020 Bos días, comezamos co noso día da ciencia. Hoxe traiovos un comunicado da mestra Luísa, a cal, como saberedes é a mestra de ciencias da natureza do grupo de 1ºA. Ela está a subir tarefas na páxina correspondente do centro. Trátanse de pequenas explicacións sobre os catro temas que estiveron traballando nas aulas nos últimos catro meses. Así mesmo, tamén hai unha serie de fichas que vos pide que se as fan as enviedes ao seu correo electrónico. Déixovos aquí o comunicado e as actividades. TAREFAS LUÍSA   Dinme os meus pequenos paxariños que o kahoot de animais vertebrados foi todo un éxito. Así que esta semana volvemos a repetir. Aínda que subindo un chisquiño a dificultade. Ademais das preguntas que se realizaron a semana pasada do estilo: que tipo de animal é este? , esta semana incorporo preguntas de verdadeiro é falso sobre as características xerais dos animais vertebrados. Así tamén introduzo conceptos como ovíparo -reprodúcese por ...

Lingua galega IV

Imaxe
Bos días a todos e todas! Xa fai 47 días que non nos vemos😢😢, e que non podedes xogar cos vosos amigos e amigas. Aínda que sexa triste pensade que falta pouco para poder estar todos xuntos. E como nos acordamos tanto dos nosos compañeiros hoxe imos traballar a amizade. Primeiro veremos o corto "Kitbull" onde os amigos non distinguen de tamaños ou especie. A continuación tedes unhas actividades sobre o que facemos cos nosos compañeiros e como nos comportamos con eles. Podedes imprimilos ou facelos nunha libreta. Hoxe rematamos preguntándovos se xa salístedes a xogar ou pasear pola rúa. Pasástelo ben? Xa sabedes que tedes que facer caso ao que vos di o adulto co que vaiades, xa que é importante para a saúde. Pasade bo día!

Matemáticas IV

Imaxe
Luns, 27 de abril de 2020 Comezamos a semana cun pouco de matemáticas e tamén cun pouco de liberdade condicional para as mequetrefes e os mequetrefes. Espero que o disfrutedes! Como xa vén sendo habitual, teremos dous kahoots de operacións: sumas e restas. Ademais, esta vez imos a incorporar un novo elemento, un dos últimos contidos que puidemos traballar nas aulas: as horas e a lectura de reloxos. Así que esta semana temos matemáticas suficientes.  KAHOOT DE SUMAS 15 + 77 = 89 + 9 = 17 + 18 = 85 + 6 = 23 + 56 = 57 + 42 = 25 + 3 = 45 + 17 = 25 + 36 = 36 + 23 = KAHOOT DE RESTAS 38 - 12 = 59 - 33 = 76 - 50 = 87 - 61 = 98 - 71 = RELOXOS E A LECTURA DA HORA Xunto coas operacións é un dos contidos máis difíciles de traballar en primeiro de primaria, así que imos a adicarlle un pouco de tempo para afianzar ben os coñecementos. Primeiro de todo, un vídeo explicativo de como funcionaba o reloxo e a súa lectura. E agora, poñémolo...

English IV

Imaxe
Venres, 22 de abril de 2020 E xa imos a rematar a semana co inglés. Esta semana vos traio dúas actividades: unha consiste en continuar co noso xogo de fichas do memory e a outra é un kahoot sobre os contidos dos números que vimos nas últimas semanas.  Para o kahoot vos deixo aquí o enlace para que poidades respondelo.  Kahoot numbers A data límite para responder será: Xoves, 30 de abril de 2020, ás 20:00 horas.  MEMORY CARDS! Agora imos coas novas fichas para o xogo do memory. Nesta ocasión se trata dos catro conceptos de preposicións que vimos nas últimas semanas de clase: In. Significa: dentro de. On. Significa: enriba.  Under. Significa: debaixo. Behind. Significa: detrás. Para axudarvos a que o alumnado lembre estas palabriñas vos paso un vídeo. Trátase dunha canción na que traballan estas catro palabras xunto con outras que aínda non vimos: Next to (ao lado), Between (entre) e In front of (diante). Aínda así result...

Lengua castellana III

Imaxe
Hoy ya es jueves, el día de legua castellana.  En clase hablamos muchas veces de "diversidad funcional" , un término que sustituye a la palabra discapacidad o minusvalía, y que reconoce que todos somos personas con distintas capacidades. El corto "Cuerdas" ya lo habéis visto muchos de vosotros pero podéis aprovechar para enseñárselo a vuestros padres o hermanos. La historia que nos cuentan es la de una niña que vive en un centro de menores y que conoce a un nuevo amigo con diversidad funcional. A continuación coged lápiz y papel y contestad las siguientes preguntas: ¿Por qué crees que no aceptaban al niño recién llegado al centro?  ¿Cómo se sentirá el niño? ¿Piensas que al niño le gusta que María juegue con él? ¿Cómo se sintió María cuando fue a buscar a su amigo y ya no estaba? ¿Cómo nos comportamos nosotros con los niños nuevos? ¿Les ayudamos? Como ya hemos dicho muchas veces, todos vivimos en este mundo y tenemos derecho a tener amigos,...

Formulario sobre a conectividade - Información importante

Imaxe
Mércores, 22 de abril de 2020 De novo nos diriximos a vós para procurar un pouco máis de información ao respecto de como están a ser estes días de corentena nos vosos fogares. Neste caso preparamos dende o CEIP Manuel Respino un formulario que nos permita coñecer como é a situación no que respecta á conectividade a internet e as posibilidades de acceso reais aos contidos que levamos subindo dende que comezou esta situación. Esta información nos será moi útil para poder preparar informes da conectividade, pero tamén para poder mellorar a resposta e a atención aos vosos fillos e fillas.  O informe é individual por alumna ou alumno. Iso quere dicir que se tedes máis de un fillo ou filla matriculados no CEIP Manuel Respino, deberedes contestar varias veces, unha vez por cada filla ou fillo. Hai moitas respostas que son iguais, pero tamén haberá diferenzas que queremos coñecer en detalle para prestar un mellor servizo.  Dende este enlace poderedes acceder ao fo...

Ciencias II

Imaxe
Mércores, 22 de abril de 2020 Pouco antes de que todo isto comezase, unha das últimas cousas que tivemos a oportunidade de traballar en aulas foron os animais vertebrados e os seus tipos: mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes.  Hoxe vos preparei un Kahoot sobre estes contidos e, como a memoria non sempre é tan boa como debería, vos traio un vídeo no que se resume todo este coñecemento.  E xa vos deixo co Kahoot destes contidos. Se trata dunha serie de animais que deberedes clasificar en mamíferos, réptiles, aves, anfibios e peixes. Non vos confiedes, porque hai unhas poucas que son difíciles -ollos ben abertos!-.  KAHOOT DE ANIMAIS VERTEBRADOS A data límite para poder facer este kahoot será: Martes, 28 de abril de 2020, ás 20.00 horas. Se queredes profundizar un pouco máis neste tema ou se aos mequetrefes lles gusta, vos deixo un documental sobre baleas que está gratuíto en YouTube.  E xa para finalizar, a recomendación mu...

Libros de santillana gratis

Imaxe
Martes, 21 de abril de 2020 Hoxe a editorial santillana enviou ao centro docente un correo electrónico informándonos de que debido á situación que estamos vivindo decidían publicar en liña os libros do segundo e do terceiro trimestre de forma gratuíta para todo o mundo, tivesen ou non esa editorial.  Aquí vos deixo os libros que enviaron das dúas asignaturas de lingua galega e lingua castelá.  Lingua galega   Lengua castellana A copia dixital que enviaron non permite ser imprimida directamente, pero si que se pode realizar capturas de pantallas que despois se impriman ou, posiblemente mellor ca iso, poderían realizarse nun caderno copiándoas.  Esperamos que vos resulten útiles.

Lingua galega III

Imaxe
Como todos os martes, imos traballar en galego. Estos días oímos por todos os lados que temos que lavar moi ben as mans, pero e o resto do corpo? Non é importante? A continuación tedes unha pequena lectura con preguntas sobre a importancia de ducharse ou bañarse. Podedes imprimilo ou copialo nunha libreta. Por último,  escoitade unha canción que fala dun electrodoméstico que facilita moito a noxa hixiene.

Matemáticas III

Imaxe
Luns, 20 de abril de 2020 E comezamos unha semana máis. No día de hoxe teño preparados dous Kahoots para vós, xa sabedes como vai isto. Primeiro de todo facedes as operacións nun caderno e despois metedes os resultados no Kahoot.  Nesta ocasión xa fusionei os dous kahoots de sumas, así que agora serán sumas con levadas e sen levadas todas xuntas. Ademais, hai outro kahoot só con restas.  Ambos Kahoots estarán abertos ata: Domingo, 26 de abril de 2020, ás 20:00 horas KAHOOT DE SUMAS 14 + 82 = 20 + 36 = 32 + 8 = 25 + 18 = 35 + 6 = 25 + 27 = 25 + 39 = 53 + 9 = 82 + 14 = KAHOOT DE RESTAS 27 - 14 = 29 - 13 = 53 - 33 = 56 - 34 = 98 - 65 = E xa para rematar, a recomendación musical. Hoxe non podía ser outra cousa...

Formulario dos libros de texto - Información importante

Imaxe
Venres 17 de abril de 2020 En relación ao xa dito no artigo anterior no que vos informaba sobre as decisións que se están a tomar en relación ao comunicado dos pasados días da Ministra de Educación. Algunha destas decisións afectan aos libros de texto, que xa poden ser solicitados e tamén a outros aspectos nos que imos a intentar dar un novo toque de profundidade para mellorar a atención ao noso alumnado. Para obter máis información elaboramos un formulario de google que se tarda en responder moi pouco tempo e que nos permite coñecer mellor a situación dixital nos vosos fogares, se solicitades os libros de texto e tamén sobre a posibilidade de crear un grupo de whatsapp no que poder estar ao tanto dun xeito máis áxil.  ACCESO AO FORMULARIO O formulario pode ser contestado dende calquera dispositivo electrónico con acceso a internet.

Libros de texto - Información importante

Imaxe
Venres, 17 de abril de 2020 Bos días familias. Esta mesma mañá contactou con nós a inspección educativa para comunicarnos varios aspectos importantes con respecto ao desenvolvemento da terceira avaliación: A volta ás aulas semella difícil e aínda non se pode saber cando poderemos facelo.  O avance na materia non está prohibido, tampouco é obrigatorio. Nos deixan a decisión a nós. Tamén nos insisten en que aínda que decidamos continuar co curso, se o alumnado non segue as actividades non podemos penalizalas de ningún xeito . A avaliación se realizará coa información recadada ata o inicio da corentena e como moito podemos valorar positivamente o traballo realizado dende os fogares, nunca negativamente. Ademais esta valoración positiva sería sempre polo interés mostrado, non pola calidade do traballo en si. Libros de texto. Non existe unha directriz clara sobre que deberemos facer ao respecto. Dinnos que non se opoñerán ao que decidamos. Neste sentido parece que a prote...

English III

Imaxe
Venres, 17 de abril de 2020 Imos a polo inglés da semana. Onte comunicou a Ministra de Educación que o terceiro trimestre sería unha continuación e reforzo do xa visto ata o de agora. Dentro da asignatura de inglés isto ímolo traducir en dous puntos: Continuación co inicio ao recoñecemento lector en inglés. Creación e consolidación do vocabulario visto. Para chegar a acadar estes dous obxectivos imos a propoñer actividades semanais que poredes seguir dende casa, así mesmo, deste xeito volvo a recomendarvos o uso dalgunha destas aplicacións para móbil que analicei neste artigo durante as vacacións. Esta semana imos a centrarnos na consolidación do vocabulario de números e xa nos prepararemos para a semana que vén dar un salto a un novo campo léxico. Para o traballo dos números esta semana vos presento dous xogos en liña e unha manualidade para facer un xogo en casa. PLAYING ONLINE! Xogo de repaso dos números do 1 ao 20 Xogo de inicio á lectura dos números ...

Lengua castellana II

Imaxe
Hoy es jueves, nuestro día de lengua castellana. Nos gustaría dedicarlo a todas las personas que nos están ayudando a que esta cuarentena sea mejor: sanitarios, limpiadores, farmacéuticos, fuerzas del orden, bomberos, empleados de supermercado o repartidores entre otros muchos. Os dejamos un enlace con varias actividades, se pueden imprimir o hacer en una libreta. Las personas que nos cuidan   Después de tanto trabajar podéis ver estos dos capítulos de "Érase una vez el cuerpo humano". Como ya sabéis, estos dibujos nos ayudan a entender como funciona nuestro cuerpo. ¡Pasad muy buen día!

Matemáticas II

Imaxe
Mércores, 15 de abril de 2020 É mércores, non luns, pero hoxe vai ser un día de matemáticas. Isto farémolo así para poder probar que tal funciona o uso do kahoot nunha situación real, pero non vos preocupar, a partires da semana que vén volveremos a ter matemáticas os luns e ciencias os mércores.  Nesta ocasión teremos tres kahoot diferentes con cinco preguntas cada un. O por que de facer tres é para facilitarvos o labor e que o alumnado non se vexa abrumado por moita información, deste xeito poden responder en días diferentes.  Os tres kahoot estarán dispoñibles ata: Domingo, 19 de abril de 2020, ás 20:00 horas A continuación vos indico os tres kahoot e as cinco operacións dos que consta, pero antes de iso, lembrarvos que sería positivo que o alumnado tivese tempo e puidese copiar e realizar as operacións sobre papel e só usasen o kahoot para responder unha vez que teñan as solucións. Para acceder a cada un dos tres kahoots só tedes que picar no título ...

Lingua galega II

Imaxe
Remataron as vacacións e seguimos sen poder voltar ás nosas adoradas aulas de 1ºA e 1ºB. Pero non vos preocupedes xa que aquí estamos os vosos titores para que sigades aprendendo e divertíndovos. Comezamos este martes escoitando en Kalandraca TV un conto sobre bechos, estos animaliños tan esquecidos. Paco Nogueiras cóntanolo cantando, que divertido! Paco Nogueiras - Quen é ese becho? Despois de escoitar este conto tan divertido collede papel e lapis, que nos toca traballar!   1.     Separa as seguintes palabras para saber algo máis dos bechos. ●Axoaniñaédecornegroevermello. ●Avacalouraaliméntasedecarballosecastiñeiros. ●Oscabaliñosdodemovivenpretodaauga. ●Acascudatendúasantenas. ●Acostureiratenseispatasparadesprazarsepolaauga.  2. Escribe o nome de 4 bechos que coñezas.  3. Debuxa e pinta o teu becho preferido. Se che apetece podes envíalo aos nosos emails que así non botaremos tanto de menos estar todos xuntos. Rema...

E a partires de mañá... que? - Inicio da tercerira avaliación

Imaxe
Luns, 13 de abril de 2020 Mañá comezamos formalmente a terceira avaliación. E así nos atopamos: sen información, sen directriz ningunha e sen saber moi ben que é o que temos que facer. Pero aquí seguiremos nós.  A día de hoxe me parece completamente imposible que levemos con normalidade o que nos quede de curso e que poidamos avaliar con total obxectividade un curso tan particular como é primeiro de educación primaria. Non obstante, todo o que pasou ata esta mañá me parecía imposible tamén; así que... haberá que seguir tirando -con axuda ou sen ela-. Como non podemos saber que nos van a esixir en xuño, nin que tipo de decisións teremos que tomar, imos a empregar este blog como principal medio de comunicación, como o até de agora; pero incorporando algunha novidade.   KAHOOT Hoxe vos presento a primeira delas: o uso da ferramenta Kahoot.  Kahoot é unha ferramenta tecnolóxica dispoñible en liña, non precisa descarga de ningún tipo de aplicación ou...

English II - Novas aplicacións recomendadas

Imaxe
Venres, 10 de abril de 2020 A semana pasada recomendaba o uso dunha aplicación para traballar nestes tempos de casa co alumnado, esa aplicación era o duolingo. Despois de que pasase unha semana, moita xente alcanzaría xa un bo nivel na mesma e observaría que nos atopamos ante un problema: a dificultade comeza a ser demasiado alta nos seus exercicios. Se ben é certo que as primeiras partes son bastante asequibles e case non implican a escritura ou a lectura, a medida que avanzas na aplicación comeza a ser máis e máis preciso.  Por ese motivo hoxe vos traio unha batería de aplicacións para que escollades entre elas cal se axusta mellor ao que queredes traballar en casa. Así mesmo, acompaño unha breve valoración tras empregala durante uns minutos. Nesta opinión tiven en conta os seguintes aspectos: Gratuíta . Hai moitas aplicacións e podemos clasificalas en tres grupos: gratuítas con anuncios, versións de proba gratuítas -pero que despois de avanzar un tempo ou uns contidos...

Manualidades en tempo de corentena

Imaxe
Xoves, 9 de abril de 2020 Sen dúbida estas semanas de cuarentea están supoñendo para vós un reto de imaxinación á hora de inventarvos que facer coas rapazas e os rapaces na casa. Nesta procura nosa por proporvos actividades que manteñan ocupadas as súas mentes e que exploten as súas potencialidades supoño que as manualidades son a raíña da casa e estou segurísimo que xa estivestes facendo corta, pega, pinta e colorea bastante... pero, algunha vez é suficiente? Hoxe vos propoño tres manualidades que procurei pola rede, cousas sinxelas e con materiais que pode haber na casa. Por suposto, isto sempre son ideas que poden ser adaptadas ás vosas posibilidades, ás ganas do rapaz ou rapaza en cuestión ou ao tempo que lle queredes adicar a isto. Tamén hai manualidades que poden ser realizadas polo alumnado sen acompañamento e outras nas que sería preciso que estivese con el ou ela unha persoa adulta que guiase ou axudase en momentos puntuais: recortar ou pegar, por exemplo.  ...